ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ E PACO ZAS

 

 

ROLDAS DE PRENSA

DANI GIMÉNEZ

Dani Giménez aclarou na sala de prensa de Abegondo que, aínda que está recuperado da lesión muscular que case lle impediu participar no último play off de ascenso, toma “precaucións na zona. Todo está ben, pero cárgase. Ao final tes unha pequena cicatriz no lugar da rotura. Precaución porque non tivemos moito descanso no verán. Ao final foi máis descanso mental e físico”.

A meta deportivista asegurou que “todos os que estamos aquí do ano pasado somos conscientes que imos ter que afrontar outra temporada longa, con sufrimento e con moitas alegrías”.

Ve ao equipo “moi ben. A xente que estabamos aquí o ano pasado empapándonos da ilusión, o novo traballo, a competencia dos novos. Esquecido o fracaso do ano pasado no sentido que nos afecte. Obviamente hai aspectos negativos que están aí. Iso melloralo”.

Recoñece que a temporada pasada “custábanos ir a por os partidos e xogabamos un pouco á expectativa. O partido do Mallorca foi así, o do Málaga. Espero que para o futuro, con xente nova e ilusión renovada, ese erro que tivemos axúdenos a ser máis valentes e a ser máis protagonistas”.

Por contra, subliña que con José Luis Martí, “o equipo aprendeu a sufrir moitísimo. Gañabamos os partidos fóra de ABANCA-RIAZOR con moi pouquiños tiros entre os 3 paus, sufrindo, defendendo”.

Confesa que estes días “se comenta un pouco o pau” de Son Moix, pero “xa estamos centrados nesta temporada. É o que toca”.

Sobre Anquela, explica que “me gusta moitísimo a súa forma de ser e achega algo que lle faltou ao equipo: esas 4 ou 5 cousas claras que tes que facer si ou si. En todo momento ser un equipo sólido, competitivo, que os xogadores teñan claro o que teñan que facer. Cando tes dúbidas sempre custa desenvolver o teu xogo”.

Gran protagonista da temporada pasada, Dani Giménez advirte non obstante que “isto é fútbol e non te podes relaxar. Moita xente a priori pode ver que eu parta con certa vantaxe pero non é así. Teño que gañarme o posto en todos os adestramentos e en todos os partidos”.

Sobre o seu futuro, lembrou que “o ano pasado cando vin aquí, dixen que a decisión de vir persoalmente non era a máis cómoda, pero si a mellor. Boto a vista un ano atrás e non me equivoquei. É como todo. Se estás a gusto nun sitio, non só de xogar ou non xogar; se estás cómodo… o meu paso adiante na miña carreira é quedarme aquí. Vou cumprir 36 anos, estou fisicamente ben, aquí traballo moi ben. Este ano imos ter un departamento de porteiros que imos traballar moi duro. A miña decisión desde o principio foi clara, quedarme aquí”.

PACO ZAS

Paco Zas, presidente do Deportivo, atendeu aos medios de comunicación esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo.

Após presenciar a pé de campo o adestramento do primeiro equipo e do Fabril, viu “moita intensidade de principio a fin. Os xogadores están enchufados ao cento por cento. As sensacións por agora son boas”.

Asegura que a vontade do Club é “cumprir ao máximo o que quere o adestrador, que é tratar de que cando empece LaLiga estean todos os asuntos solucionados. Non vai ser fácil pero imos tentalo”.

Prefire non falar de número de fichaxes que restan, xa que as incorporacións, segundo Paco Zas, “van depender das saídas”. “Quedan 45 días para o peche do mercado, e pode pasar de todo”, apunta.

Advirte que o mercado “entrará en ebulición nos últimos 15 días. Temos que chegar a eses días con relativa tranquilidade. Agora mesmo o cadro, salvo un par de postos que necesitamos, está moi perfilada”.

Sobre a presenza de fabrilistas co primeiro equipo, Paco Zas asegurou que será habitual “non só por necesidade, tamén por filosofía. A intención é que o primeiro equipo teña máximo 21 ou 22 fichas. Se o adestrador está contento e necesítaos… Unha das virtudes de Anquela é que non casa con ninguén”.

Aprecia que “hai moito traballo feito. Trataremos de confeccionar un cadro moito máis competitivo. Os abonos van a un ritmo bastante bo. A venda de camisetas está a bater marcas. Despois dun verán moi curto polo play off, xeráronse moitísimas cousas”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es