ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ E ESCOLMA DE NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS.

-ROLDA  DE PRENSA E NOVAS BREVES-
Dani Giménez falou en rolda de prensa.

 

-Dani Giménez : “Hemos sabido sufrir muy bien. El juego no ha sido brillante, pero por algo se empieza
-Escolma de novas breves-

 

 Dani Giménez, que non saltou o terreo de xogo de Abegondo por un proceso gripal, estivo na rolda de prensa, e coma sempre deu unha charla distentida e sabendo o que dí e sen tópicos, como xa o facía cando non se gañaba. O Depor ven de gañar dous encontros seguidos e os dous fora. Non foi un fútbol para tirar cohetes, pero foi tan bo coma o dos equipos que nos gañaron ou empataron ultimamente, incluido o Osasuna. Deuselle moitas voltas a que gañamos cun tiro antre os 3 paus e ca boquiña pequena algún sacoulle perigo a gran ocasión de Borja Valle, para simplificar máis o trunfo, (hai moito antideportivista escondido nalgún medio). A verdade e como ben dixo Dani o outro día tralo encontro : “Outras veces tocoulle a outros gañarnos con moi pouco, no que se refire a ocasións de gol, e desta vez tocounos a nós”. O meta galego do Depor falou do troco no estado de ánimo do equipo e deulle moito mérito as vitorias, porque : “Fan que os xogadores se solten e que intenten máis cousas”. O meta sabe que non foron encontros de fútbol vistoso pero : Soubemos sufrir moi ben. O xogo non foi brillante, pero por algo se empeza. Agora temos un partido moi bo en casa contra un rival directo e nada mellor para reivindicarnos outra vez en casa. As vitorias chaman a máis vitorias”...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Dani Giménez e as novas breves.

 

-NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS-
 
Fernando Vidal con dúbidas
 
Todo apuntaba a que antre hoxe e mañán Fernando Vidal ex diretivo deportivista presentaría a sua candidatura a presidencia do clube. Agora parece ser que xa non é do todo certo e que podería non chegar a concretarse. Verdadeiramente él non comentou en ningún medio a sua intención de presentarse. Ben e certo que hai un gran número de accionistas que o ven como a persoa idonea para seguir ca folla de ruta de levantar o clube no económico e ver a sua proposta no deportivo, pois él “supostamente” abandonou o seu cargo por desacordo nalgunha manobras neste eido do que él era o diretivo con “carteira”.
 
 
 
Só Khron-Dehli adestrou aparte
 

O Deportivo comezou esta mañá en Abegondo a preparar a visita do Cádiz CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 12 de maio (16:00 horas, Movistar Partidazo). José Luis Martí ten, con toda a semana de traballo por diante, á práctica totalidade do seu cadro á súa disposición, salvo Krohn-Dehli, que continúa o seu traballo de readaptación física ás ordes do readaptador Fran Molano. Esta mañá, após un quecemento con rondos e cunha tarefa técnica, os futbolistas branquiazuis, hoxe ademais co meta fabrilista Álex Cobo, realizaron un exercicio de posesión e un partido para concluír. O meta Dani Giménez, con síntomas gripais, non chegou a saltar ao céspede.

 
 
Prereserva de entradas e buses para o Depor-Lugo
 
A Federación de Peñas Deportivistas ten aberto o prazo ata mañá 8 de Maio de prereserva de entradas para o Lugo-Depor do vindeiro 19 de Maio a partires das 18:00 horas no “Ánxo Carro”. Non se sabe ainda cantas entradas recibirá o ente deportivista, polo que teñen preferenza os peñistas socios do Depor e tamén as peñas que mandaran o seu listado de socios. Tamén nos informan dende a nosa Federación que haberá buses para Lugo desde Coruña, cun prezo de 10 euros para os peñistas. A saída será ás 12:30 horas do mesmo domingo, 19 de maio, desde o Palacio dos Deportes de Riazor. A volta, cos tres puntos no peto, unha vez finalizado o encontro (hora estimada, 22:30), desde o propio “Estadio Ánxo Carro”. As peñas que o desexen, xa poden reservar as prazas seguindo as canles de sempre ca Federación de Peñas.
 
 
 
“Día das Peñas” o vindeiro Domingo 12 de Maio co Depor-Cádiz
e ida da 2ªeliminatoria do ascenso para o Deportivo Feminino
 
A Federación de Peñas Deportivistas decideu que o “Día das Peñas” se celébre o vindeiro Domingo 12 de maio, coincidindo co partido entre o Deportivo e o Cádiz. Haberá coma sermpre a carón do estadio postos de xantares e bebidas, así como música. tamén está aberto o prazo de peticións de entradas (a 5 euros) para o encontro : cada peña terá que solicitar o número de entradas que necesita a través do seu presidente ou da persoa que se designe desde a mesma. Por outra banda, o memso domingo ás 11:00 horas o Dépor Abanca xogará en Abegondo a ida da 2ª eliminatoria polo ascenso á Liga Iberdrola.Un total de 900 socios xa solicitaron a invitación para poder presenciar o encontro en direto ante o Femarguín, o equipo do polo de Juan Carlos Valerón, Arguineguín.
 

ROLDA DE PRENSA DE : DANI GIMÉNEZ

(Por : rcdeportivo.com)
 

Dani Giménez manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que, após as dúas últimas vitorias consecutivas, “agora que a todos os equipos cústalle moitísimo conseguir eses puntos, parece que nós estamos a despegar outra vez”.

O meta deportivista baséase en que eses 6 puntos seguidos “fanche ter esa tranquilidade e esa confianza que tamén fas cousas ben. Sobre todo esa solidez que volvemos a recuperar. E moitas veces é crer en ti mesmo. As cousas saen ben moitas veces porque ti estás preparado para que saian ben”.

Un dos futbolistas máis regulares esta temporada, non sente líder do Dépor: “Son un máis que, como outros 3 ou 4 teño máis experiencia por idade ou situacións vividas. O liderado exércelo co que mostras no campo e no día a día tratando de axudar a todo o mundo. A xente que pasamos por situacións boas e malas sexamos exemplo para os demais. O de ser líder, eu creo máis no liderado colectivo, que a xente trate de facelo sempre o mellor posible e que todo o mundo xogue sempre de acordo ao seu potencial. Neste momento xa levamos tempo que non é así, pero creo firmemente que estes dous resultados bos fóra de casa van facer que a xente en ABANCA-RIAZOR o próximo día sóltese un pouco máis”.

Opina Dani Giménez que se o Dépor non é capaz de vencer este domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR ao Cádiz CF (16:00 horas, Movistar Partidazo), “se nos esfuman todas as posibilidades de ascenso directo. Creo firmemente que podemos gañar todos os partidos. Pero é difícil que os que están arriba perdan tantos puntos. Todo se pode dar. Despistariámonos se pensásemos nestas cousas. Todas as nosas enerxías teñen que ir no partido do Cádiz porque realmente non é definitivo pero vainos a marcar o que pode facer o Deportivo. Se nós gañamos en casa, se convencemos, se enganchamos á afección outra vez, se a xente volve desenvolver o seu potencial, se volve crer en si mesmo, o Dépor pode conseguir o obxectivo a final de temporada”.

Do rival do domingo, advirte que “cando dominas a un equipo como o Cádiz, sabes que eles están cómodos. Tamén é un equipo ao que se lle fan ocasións. E é bo que nós teñamos na cabeza que en calquera momento podemos meter gol. Temos xente con gol, xente con cada vez máis confianza como Fede Cartabia ou Carlos Fernández. Ao final é aproveitar esa dinámica. Hai moitos factores que poden influír como está un equipo, anímico sobre todo. Cada vez o fútbol é un deporte máis psicolóxico. É importante saber ao que nos enfrontamos. Un equipo que posiblemente nos deixen xogar no noso campo, pero unha vez rouben van ser moi verticais. Estamos a ser bastante sólidos no repregamento, aínda que é verdade que nos falta ás veces esa presión alta e as segundas xogadas collelas e ter a tranquilidade para desenvolver o fútbol. Non está a custar ganduxar eses 2 ou 3 pases para logo facer dano”.

Pide “ser verticais porque nos está custando desenvolver o xogo. E o mesmo que eles nos van a saír ao contraataque cando perdamos o balón, se nós somos capaces de roubarlles nese tres cuartos do seu campo, tamén podemos facer moito dano”.

Asegura Dani Giménez, un dos capitáns, que o proceso electoral no que está inmerso este mes de maio o RC Deportivo “a nós non nos afecta. Ao futbolista no día a día non lle afecta. Estamos un pouco fóra de todo iso. Nós cando haxa eleccións e gañe alguén, pois apoialo e tentar dalo todo no campo para que a el lle vaia ben. O mundo do fútbol vira ao redor dos resultados dos xogadores. Se gañan todo se perdoa unha xestión peor e se as cousas van mal, dá igual que sexas o mellor xestor do mundo, o mellor Presidente, ao final todo penaliza”. “Temos moi claro que todo o bo que lle poida pasar ao Dépor pasa por nós, polos xogadores. Ao final é centrarse no traballo noso, no traballo diario. Soltarse xa dunha vez e ser superior ao contrario”, conclúe.

A estas alturas da temporada, “vese que todos os equipos están a xogarse o importante. Vese que xente que xogaba máis alegre xoga menos alegre. Vese que é complicado mesmo facer ocasións. E cando queden 2 ou 3 xornadas, por exemplo ante Córdoba e Elxe que se cadra non se estean xogando nada, son mesmo máis perigosos. Eles van xogar cunha tranquilidade que nós non nos imos a poder permitir. Nós estamos a xogar xa partidos de play off. E é así. Calquera fallo que teñamos podes ver truncada toda a temporada. Esa presión que nós nos metemos para estar concentrados, para ser gañadores nos enfrontamentos, ese nivel de concentración que temos que ter por exemplo nun partido contra o Cádiz, agora é cando se ve, e cando tes que sacar o mellor teu porque o contrario vaino a sacar”.

Admite preocupación porque o equipo “non saiba que en ABANCA-RIAZOR o que ten que facer é gañar. Non imos agora a cambiar o estilo de xogo e de súpeto pasar por encima dos rivais por xogar en casa, porque nos custou durante a temporada e agora é moi difícil facelo. Apelo a esa mentalidade, a esa competitividade que creo que melloramos nestas últimas semanas”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-