Crístian Santos pasou por rolda de prensa e amosouse extranado de que o pasado sábado ante o Albacete fosen tirulaers a maioría dos recén chegados. O venezolano contradixo a Anquela, que falou dél fai uns días e dixo que non estaba para xogar os 90 miutos : “Creo que estou para 90 minutos, aínda que se levas tempo sen xogalos vai custar. Falando co doutor dicíalle que aínda non me sentía ao cento por cento, pero non por estar fisicamente mal. É porque me coñezo e se que podo estar mellor”, dixo Crístian.
O sudamericano con todo eso dí seguir a traballar para chegar a titularidade : “Non ser titular?… Tratas de levalo da mellor maneira. Obviamente gustaríache ter máis minutos cando dás boas prestacións, pero non son eu o que decide. Hai que ter tranquilidade e seguir traballando duro”.
Con todo eso falou ben de Anquela, tras deixar varios “ti dis, eu digo”, respostando as verbas de Anquela indiretamente, dixo que era “un adestrador accesible”, e que lle dixo que : “Está contento conmigo, que lle estou dando o que me pide. Imaxino que estou a facer as cousas ben. Quere que loite por todas as pelotas arriba, que trate de aguantala, facer paredes e xogar fácil. Non enredarme. E logo chegar a portería, estar na área para rematar. Está a tratarnos a todos por igual”.
A rolda de prensa completa no vídeo.
Abaixo en “Vídeos Recomendados” tes este e tódolos que colga o RC Deportivo.
+++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es