ROLDA DE PRENSA DE CHARLIE PATIÑO TRALO OURENSE 0-2 DEPOR : “Quero xogar en Riazor, quero seguir aquí”.

Charlie Patiño: “Quero xogar en Riazor, gústame o equipo e a cidade”

Tras a vitoria do Deportivo por 0-2 ante o Ourense CF no Memorial Miguel Ángel, unha das figuras destacadas do encontro foi Charlie Patiño. O xogador inglés de orixe galega asinou unha excelente asistencia no segundo gol, cun pase longo e preciso que acabou en tanto de Yeremay.

Ao remate do partido, Patiño falou ante os medios e mostrouse ilusionado coa tempada que está por comezar. Aínda que aínda está aprendendo o idioma, xa se atreve co español: “Intento falar con tódolos compañeiros tódolos días é difícil pero intento”, comentou con sorriso.

Na súa intervención, mesturando castelán con algunhas expresións en ingles, o centrocampista recoñeceu que a súa adaptación non foi doada o pasado ano: “Hai un entrenador novo, falei con él e estou contento este ano. Obviamente o ano pasado foi moi duro, foi meu primeiro ano en España. Este año espero xugar máis”.

O futbolista mostrou o seu desexo de quedarse no Deportivo e ter máis protagonismo: Gustaríame xogar aquí,  gústanme meus compañeiros e a ciudade. Quero xogar en Riazor e veremos esta temporada”.

Tamén falou sobre a próxima viaxe a Inglaterra, onde o Dépor se medirá ao Watford o mércores e o Middlesbrough o sábado: Viaxamos en tres días, (contados desde onte), e estou moi contento. Conozo estes equipos moi ben, porque xogaba contra eles fai dous anos. Estamos listos e estou moi emocionado por volver a xogar alí”.

Con declaracións sinceras e cheas de ilusión, Patiño deixounos entrever que está decidido a dar un paso adiante este curso. E polo que se viu no Couto, vai polo bo camiño.

-Foto : Captura de vídeo

-Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies