ROLDA DE PRENSA DE CHARLIE PATIÑO : “ESTE ANO ESTOU MELLOR E MÁIS FORTE”.

Sobre o ano pasado e a evolución persoal

  • Recoñece que “tiven complicacións a temporada pasada, non quero falar delas. Quero concentrarme nesta temporada, a pasada xa se acabou”, sinalando que se centra no presente e no futuro.

  • Engade que durante o verán marchou a Inglaterra, onde traballou “física y mentalmente” para volver máis forte.

Sensacións co equipo e coa tempada

  • Está “moi contento” co inicio da tempada e destaca que “el míster é moi bo”.

  • O equipo leva un bo arranque, pero hai que “seguir traballando por máis”.

  • Tamén menciona que o sábado terán “un gran partido, difícil e importante” e que é necesario estar preparados.

Afición e ambiente no equipo

  • Destaca o apoio da afección: “Sentinme ben, o ambiente estivo moi ben, apoiannos e axúdannos”.

  • Aínda que agradece ese cariño, di que está centrado no equipo e no que lle pide o míster.

compañeiros e adaptación

  • Agradeceu aos compañeiros que lle axudaron “No ximnasio, no campo, con palabras que non sabía…”.

  • Gracias a esa axuda do vestuario, agora está “mellor e máis forte”.

Cambio de dorsal e mentalidade

  • Explica que o novo dorsal lle da confianza, “pero vou a xogar o mesmo. Vou a ser o mesmo. As dificultades axudáronme a crecer”.

  • Manifesta ilusión: “Estou emocionado por esta temporada, empezamos moi ben e temos que seguir traballando duro no campo”.

  • Apuntou tamén que o seu obxectivo é “devolver ó equipo a liga que pertence”.

Rivalidade e preparación

  • Menciona que aínda non viron os vídeos do Mirandés, e que prepararán o equipo nas xornadas previas ao partido.

  • Subliña a liña positiva do inicio do curso, coa pretemporada ben aproveitada e boa dinámica nestes primeiros catro partidos

 

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”