ROLDA DE PRENSA DE CELSO BORGES : “CONFORME VAN PASANDO OS MINUTOS VOUME ATOPANDO MELLOR”.

 

Celso Borges pasou por rolda de prensa e amosouse satisfeito de como se vai atopando segundo vai sumando minutos, así coma do nivel dos equipos na 2ª B, e desexa que o Domingo ante o Coruxo o Domingo ás 12:00 horas, (11:’00 GMT), haxa púbrico, porque é moi importante para eles. Tamén se sinte “super orgulloso” por ser convocado por ser convocado pola sua Selección Nacional.

O internacional deportivista recoñece que a Segunda B “é unha categoría á que hai que collerlle o truquillo. Hai que ver como se desenvolven os partidos e a partir de aí irse acomodando”.

Advirte que “este ano é especial. Podes facer as cousas moi ben todo o ano e ao final chega a fase de playoff a partido único. Psicoloxicamente temos que estar moi fortes. É un reto para todos mental”.

De feito, resalta que en Segunda División B “hai moi bos equipos, organizados. O nivel colectivo é bastante bo. Teñen unha idea moi clara do que están a xogar. Boa intensidade. Estou a afacerme nestes partidos ao ritmo, que non é fácil”.

Cre que en Salamanca ante Unionistas o pasado domingo “a presión fixémola mellor. Recuperamos moitos máis balóns en campo contrario. Mantivemos a orde até os últimos minutos, tanto é así que logo viñeron todas as ocasións que tivemos para resolver o partido. Faltáronnos ocasións no primeiro tempo pero eles tampouco nos angustiaron moito. Xogamos con iso até o final de partido”.

Insiste en que está a gozar moito da súa etapa na Coruña: “Estar acá é un gustazo. Síntome moi ben. A miña familia está ben. No deportivo esperamos o obxectivo máis grande”.

Citado por Costa Rica para dous amigables en mes de novembro coincidindo con parón ligueiro, Celso Borges, á parte de sentir “orgullo” pola chamada do seu equipo nacional, sostén que “cantos máis minutos de xogo poida acumular mellor. É bo o feito de seguir xogando, con bo ritmo. A nivel internacional iso sempre cho vai a dar”.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies