ROLDA DE PRENSA DE CARMELO DEL POZO SOBRE ASUNTOS IMPORTANTES PUNTUAIS DO CLUBE

 

Carmelo del Pozo falou trala comparecenza de Luis Ruiz na sua presentación e tirou a dar sobre os problemas que crean contratos a longo prazo e de consideración no eido económico, coma o de Pedro Mosuqea, neste caso os “dardos” parece que ían sobre a xestión do anterior director deportivo, Richard Barral : “Hai que pensar no club a dez anos, non me arranxo o problema hoxe, e que veña outro a comerse logo os marróns. Eu non son egoísta, penso moito no futuro do Dépor. Algúns non pensan niso. Non asino a un xogador que mo arranxa agora e o que veña despois que o arranxe outro. Por iso as negociacións son tan longas, porque penso no que vén por diante”.

 

Pedro Mosquera

Recalcou sobre Mosquera que : “É de primeiro nivel como persoa e como xogador. Demostrouno cando estivo aquí. Nos últimos meses non había esa sinerxia no deportivo e sentíase insatisfeito porque non participaba. O club entendía que era difícil ter un xogador desa xerarquía sen un papel importante”, por iso se decideu que era mellor a desvinculación, ainda que terán que indemnizalo.

 

Peru Nolaskoain

“O Athletic é un club señor e estase portando como un cabaleiro neste proceso. Nos próximos días veremos se pode aparecer ou non a posibilidade. O rapaz deu un paso importante no noso favor. Hai que esperar o intre”.

 

Samuele Longo

“Temos que traer xogadores que nos poidan dar nivel, non facer operacións por facer. Longo é un deses xogadores que nos darían nivel”.

 

Juan Carlos

De Juan Carlos Real dixo que xa no primeiro intre se lles pechou a porta pois o seu representante díxolles que tiñan : “Ofertas importantes de Primeira e de fora”.

Rematou explicando que están a traballar na saida de xogadores que non contán.

 

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies