ROLDA DE PRENSA DE CARLOS FERNÁNDEZ

Carlos Fernández ixo estar  o 100% no seu estado de forma.

 

Carlos Fernández : “A mensaxe segue sendo o mesmo de cando parecía que iamos ascender antes de que acabase a liga”

 

 Carlos Fernández pasou pola sá de prensa e amosouse contento co feito de haber sumado os 3 puntos e espera que este fose “un punto de inflexión” e que agarren unha boa xeira de resultados para, “brindarllos á nosa afección, que nos apoiou sempre, eses 3 puntos que tamén o necesitan. Todo o deportivismo necesitabamos esa vitoria”. O andalúz non pensa máis ca no Depor e desisteu falar de se o chaman para a Selección Sub 21 no treito final e tivese que perderse encontros co equipo branquiazul. Tamén pensa que, “a mensaxe segue sendo a mesma ca cando parecía que ían ascxender pola vía rápida”Abre a nova ao completo para ver as verbas de Carlos Fernández.

 
Noutro órde de cousas, como era de esperar o Comité de Disciplina desetimou a petición de que lle quitasen a Michelle Somma a segunda tarxeta de Soria. O Depor recurrirá a Apelación e de seguro que coma sempre desestimarán, pois nen cos vídeos diante son capaces de facer xustiza cando se trata de nós.

ROLDA DE PRENSA DE : ÁLEX BERGANTIÑOS

(Por : rcdeportivo.com)

 

“Necesitabamos cambiar un pouquiño esa mala serie sobre todo para ter ese reforzo positivo de resultados que tanto ansiabamos e tanto queriamos; e para brindarlle á nosa afección, que nos apoiou sempre, eses 3 puntos que tamén o necesitan. Todo o deportivismo necesitabamos esa vitoria”. Así de contundente valorou Carlos Fernández esta mañá na sala de prensa de Abegondo o triunfo do pasado venres nos Pajaritos de Soria.

 

O dianteiro andaluz non sente “máis importante que ninguén. Somos un bloque de 25 xogadores, dun corpo técnico, dun Servizo Médico, o noso Delegado (Juan Ángel Barros), xente que está por encima e que no día a día non se ve tanto pero todo suma. E isto é parte de todos. Todos temos a nosa cota de responsabilidade. No barco vai moita xente, non só Carlos Fernández”.

 

A nivel físico, asegura que “as sensacións son boas. Durante a semana pasada atopeime ben. É certo que esta última tiña unhas sensacións un pouco estrañas, unha sobrecarga. E tampouco queriamos correr ese risco que nos limitase para o que queda de temporada. A miña cabeza está limpa. Estou ao 100%. No papel que me toque tentarei sumar o máximo que poida. Oxalá que ese chisco de sorte co tema das lesións respéctenos”.

 

O ariete deportivista subliña que “a mensaxe segue sendo o mesmo de cando parecía que iamos ascender antes de que acabase a liga. É unha liga longa, con momentos duros, momentos bos. Seguimos na pelexa. Imos loitar até ao final. Imos dalo todo por cada afeccionado, pola nosa xente, por nós mesmos, polas nosas familias. Ao Dépor sempre hai que dalo como un candidato ao ascenso. Independentemente de que hai que recoñecer a mala serie que pasamos. Esperemos que o partido da semana pasada fose un punto de inflexión para mirar cara arriba”.

 

Sobre o partido do sábado 4 de maio na Romareda ante o Real Zaragoza (18:00 horas, Movistar Partidazo), Carlos apunta que é dos máis complicados fóra de ABANCA-RIAZOR, “pola súa temporada, porque xogan en casa coa súa afección. Eles queren brindarlles unha vitoria. Están a ter un ano complicado. Son un grandísimo equipo. Seguro que vai ser un partido moi complicado. Temos unha bonita batalla”.

 

Pide centrarse “en nós mesmos. Se empezamos a mirar o que fan os contrarios sería malo sinal. Temos que pensar en nós, no noso partido, tentar facelo o mellor posible. Cando termine e teñamos os 3 puntos, que é o que imos tentar buscar, xa mirar. Pero até ese momento non serve de nada que un gañe, que outro empate se nós non facemos o que debemos”.

 

Preguntado polo sistema de xogo de José Luis Martí, Carlos Fernández opina que “iso é máis para vós, que moitas veces nos facedes este tipo de preguntas. Nós temos que crer no que facemos, temos que crer na idea e facémolo. Darémolo todo até o final independentemente de que xoguemos 4-4-2 ou xoguemos como xoguemos”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies