ROLDA DE PRENSA DE CARLOS DONCEL : “É UN ORGULLO TER ESTA AFECCIÓN”.

 

O extremo deportivista lembra sobre a UD Logroñés, rival este domingo 7 de novembro ás 17:00 en Las Gaunas (Footters), que “está como nós aí arriba”, ademais de que “é un recentemente descendido de Segunda División e un claro candidato a estar toda a temporada cos equipos máis fortes”.

Por este motivo, vaticina esta xornada “un partido bonito, de bo ambiente. Nós imos tentar conseguir os tres puntos como en cada partido”.

Titular a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Zamora CF, explica que “na primeira parte pasou máis balón pola banda esquerda con Héctor e eu; e na segunda, polas dúas bandas. É cuestión de estar aí preparado cando chegue o balón, cando teñas ocasións tentar facer dano, asociarse… Se cadra na primeira parte participei máis, pero na segunda non estaba canso. Simplemente son momentos de partido onde non participas máis pero hai que estar preparado porque se cadra no minuto 80 sen tocar un balón chégache unha e tes que enchufala”.

Situado por diante de Héctor, apunta que “cando xogo en banda pódome adaptar a estar máis aberto, a estar máis por dentro. A min gústame un lateral que se incorpore. Así fai dubidar ao meu defensor, a que teña dous adversarios no canto dun. Así que prefiro un lateral que suba a banda, non a un que quede máis atrás”.

-Foto e Vídeo : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies