ROLDA DE PRENSA DE CARLOS ABAD :

 

Rolda de prensa de Carlos Abad que falou sobre as novas impresións con Rubén de la Barrera nos adestramentos, sobre o que dixo que non “é moi doado pasar de cero a cen nun poucois días”.

Tamén tivo verbas sobre a saida do gran Fernando Vázquez : “é máis fácil botar a unha persoa, aínda que non sempre sexa xusto. O cambio non era esperado, polo menos pola miña banda, pero o club tomou a decisión e espero que sexa o mellor para todos”.

Preme no vídeo para escoitar todo o que dixo.

 

Dobre sesión de adestramentos con Uche e Rolan

Rubén de la Barrera incidiu nunha tarefa táctica no campo 3 na primeira das dúas sesións previstas para hoxe xoves.

O técnico deportivista repartiu aos seus futbolistas en dous equipos e, nun partido a tres cuartas partes de campo, impartiu constantes instrucións e fixo especial fincapé en aspectos como por exemplo a saída do balón xogado desde atrás.

A iso referiuse precisamente Carlos Abad, o meta branquiazul, en rolda de prensa: “Agora o porteiro ten un papel máis importante xa que imos tentar iniciar moito máis desde atrás. O porteiro é un xogador máis para crear unha vantaxe e superioridade”.

Unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade, puxeron o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Keko, Bóveda, Claudio Beauvue, Héctor e Miku realizaron traballo específico. Finalmente, os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea, Boedo, Iván Guerrero, Javi Sanmartín e Guille Bueno estiveron esta mañá ás ordes de Rubén de la Barrera.

Pola tarde, a sesión que arranca ás 17:30 celebrarase finalmente en Abegondo, co fin de preservar o céspede de ABANCA-RIAZOR ante a mala climatoloxía prevista estes días na Coruña.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies