ROLDA DE PRENSA DE CARLOS ABAD : “SABEMOS QUE HAI QUE REMANGARSE PARA SACAR CADA PUNTO”.

 

 

Carlos Abad pasou por rolda de prensa e ante a preguta dos xornalistas afirmou que o troco de xogar en céspede artificial, “cambia bastante” e os factores principais deses trocos son : “Os golpeos, os apoios nos balóns aéreos, para defender un disparo o balón roda diferente. Ás veces máis rápido, outras máis lento, cun bote máis picado…”.

Dixo sentirse “reconfortado co equipo, arroupado cos xogadores, non só ca defensa, o primeiro que defende é o dianteiro e teño un equipo moi implicado”, e a iso achaca ser o meta menos batido da categoría.

Ten craro que os xogadores do equipo xa lle van collendo o xeito a categoría e que : “Ningún partido é fácil, ninguén regala nada e xa estamos adaptados ao que chamamos categoría do barro” e por iso “sabemos que hai que remangarse para sacar cada punto”.

 

Celso Borges adestrou co grupo

Celso Borges incorporouse esta mañá aos adestramentos co Deportivo. O internacional costarriqueño realizou unicamente a primeira parte da sesión e retirouse ao vestiario para seguir con exercicios de recuperación e fisioterapia.

O mediocentro deportivista, neste parón ligueiro, disputou case ao completo dous partidos amigables con Costa Rica, ante Qatar e a selección vasca, amosando un gran nivel.

.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies