ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE : “Temos que simplificar as cousas en moitos momentos, non enredarnos”.

 

Rolda de prensa “lúgrube”, con pouco que contar e moito que dicir. Borja Valle, que é dos que cando saen dín algo, moi poucos argumentos ao acumularse moitas semanas ca mesma historia : “o equipo non gaña”, e nen as desculpas de que se o VAR non foi xusto connosco, que se nos marcaron na única que tiveron, etc, etc, etc…xa non valén. O sábado en Extremadura outra opción máis a tentar revertir a situación.

Borja Valle debe pensar que estamos en pretempada e xa van 15 encontros : “A sensación é que nos xuntamos 25 tíos de súpeto e estamos a nos coñecer, que as cousas non saen e que iso o complica todo. E o míster tamén está nese proceso. De ensinarnos, de aprender… traballamos para saber que decisións tomar no campo e coñecernos máis”.

Pide tempo, pero o tempo acúrtase cada vez máis : “Cada técnico ten a súa forma de adestrador. Luís non ten nada que ver con Anquela. Está a transmitirnos unha serie de puntos totalmente diferentes. Ao final agora temos que simplificar as cousas en moitos momentos, non enredarnos. Temos que coller confianza, desexar que cheguen os resultados. A partir de aí, o Deportivo crecerá, pero necesita un tempo”.

O mérito da afección é incuestionable, ata vendo o que se ve, o sábado haberá en torno aos 200 deportivistas en Almendralejo. O outro día tralo encontro varios afeccionados falaron con Valle, Dani, Bergantiños e outros, un grupo de afeccionados a saida da “Porta 0” e o de Ponferrada dixo que lles dixeron que : “Non é fácil apoiarnos, pero pedímoslles que sigan crendo, que non solten a nosa man. Tentamos darlle a volta cada día, somos os primeiros culpables e os primeiros que tentamos solucionar o problema”.

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

 

-Texto : piratasdemuxia/vídeo

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo : 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies