ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE NA QUE AMOSA A SUA ADMIRACIÓN POR ANQUELA.

 

Borja Valle pasouse por rolda de prensa e nela amosou a sua admiración hacia o novo técnico do Depor, José Antonio Anquela. O xogador ponferradino dixo dél que : “Coñecémolo todos, a súa forma de vivir o fútbol, de transmitilo, a forma de ensinalo. É paixón, coñecemento, e iso transmíteo no día a día. En cada charla no vestiario, as reunións con él, é a súa esencia. Transmíteche a súa maneira de ver o fútbol a través do seu entusiasmo e a paixón. Vivino en contra, agora o vivo a favor e demóstrame que é así. Temos que impregnarnos diso”.

O xogador deportivista sobre a sua faceta no equipo nesta pretempada dixo que a asume e que lle gusta tanto xogar na banda coma de dianteiro, e neste aspecto alabou a tempada de Quique González e tamén alabou ao novo dianteiro Koné : “Non vedes a Koné marcando 16 goles?. Oxalá meta uno 30 goles, iso sería boa sinal. Ou que os repartamos entre todos e consigamos o maior número posible. Se nos toca aos de banda tomar protagonismo e marcar goles, será benvido. Quique fixo unha tempada moi boa, á vista está, pero agora xa é pasado. Temos outro dianteiro e tentaremos axudalo”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa de Borja Valle e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

OUTRAS NOVAS DEPORTIVISTAS

 

O encontro en Vilalba o sábado ás 19:00 horas

O encontro do vindeiro sábado 3 de Agosto no que o Depor medirase ao Ponferradina en Vilalba no 2Estadio da Magdalena” xa ten horario e será ás 19:00 horas, (17:00 GMT)  e será televisad en direto pola canle de YouTube do RC Deportivo.

 

Sara Álvarez o Deportivo ABANCA

A xove do Rosal, Sara Álvarez, (01/04/2003), ficha polo Deportivo Feminino. A nova deportivista xogou o ano pasado no Atlético Matamá que xogaba no mesmo grupo do propio clube deportivista da 2ª División.

 

 

Elixido o cartel do LXXIV Teresa Herrera

Segundo nos informan dende o clube : “Reunido o luns 22 de xullo ás 09:30 h. na sede do Real Club Deportivo (praza de Pontevedra, 19 1º) o xurado do Concurso do Cartel Teresa Herrera 2019, formado por Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Jose Villanueva, director de patrocinios deportivos de Estrella Galicia, Antón Lezcano, deseñador e autor do cartel do Teresa Herrera 2017, Lois Novo, membro do equipo de comunicación e historiador do Real Club Deportivo e, actuando como secretario, Gabriel Barrós, director de comunicación do Club, a obra seleccionada como gañadora, entre as 50 recibidas, é a titulada “Verticais no campo”. 35 autores e 50 deseños (algún deles con varias adaptacións de estilo) participaron nesta edición, multiplicando case por tres a do primeiro concurso público realizado o pasado ano”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es