ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE : “HAI IDENTIDADE E CONSEGUIMOS SER UN BLOQUE”.

 

Borja Valle pasou por rolda de prensa na volta o traballo do equipo que tivo como novidade o alta de Gaku Shibasaki, tras superar as molestias das derradeiras semanas.

O xogador de Ponferrada denotou nas suas verbas non estar moi “alá” co que se estaba a facer anteriormente e alabou o papel do grupo na volta de Fernando Vázquez : “Cambiaron moitas cousas. Só con que veña unha figura como Fernando, co que significa para o Dépor, é positivo. Temos unha identidade, as cousas claras, guste máis ou menos no campo. Hai identidade e conseguimos ser un bloque”.

Gústalle como trocou todo coa chegada do de Castrofeito e o troco de sistema, ainda que ha de haber variantes no sistema : “A sensación é que sentimos seguros coa liña de cinco, algo que non ensaiaramos en todo o ano e necesitabamos desde hai moito máis tempo. Ao final é unha decisión do míster. Se cambios o sistema o equipo tentará entendelo canto antes para seguir sendo fortes. A sensación é que fomos un equipo ordenado, xunto, estable, que non concedía. É é positivo, pero tamén o é ter variantes”.

Sobre a sua continuidade, sabe i é consciente de que tras habelo feito mal o grupo, o normal é que haxa trocos e non ten asegurada o cento por cento a sua continuidade : “Non sei o que vai pasar. Os mercados de inverno son unha tolemia. Estando na situación que está o club é normal que haxa cambios, pero non me vou a centrar no meu caso. Serei, Borja Valle, ata o último día, estea aquí 10 anos ou un día máis…O meu primeiro ano fun ao Elxe en xaneiro e ninguén me preguntou. Estes mercados son unha tolemia para todos, ninguén sabe o que vai suceder. Entrou unha directiva nova, con ideas diferentes. Ata o día 31 non podo dicir nada e os meus compañeiros tampouco o poden dicir”.

A rolda de prensa o completo no vídeo.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canle de YouTube do RC Deportivo

-Texto : Captura do vídeo/piratasdemuxia.es

++++

-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es

-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies