ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE E NOVAS BREVES

 

Rolda de prensa de Borja Valle

Borja Valle cualificou esta mañá na sala de prensa de Abegondo de “gran rival” ao Real Mallorca, equipo ante o que o Dépor xogarase o ascenso a LaLiga Santander: “Fixo unha temporada magnífica, un club que leva dous anos co mesmo adestrador, que ten os automatismos moi claros, moi marcados, coñécense moi ben. Fai mellor campaña que nós a nivel clasificatorio e está a facelo moi ben”.

O dianteiro berciano advirte iso si que, “despois dunha campaña moi larga de moitos partidos, de moitos altibaixos, de moitos comederos de cabeza, conseguimos chegar onde queriamos e moi vivos”.

Recoñece que superar a todo un Málaga CF “refórzache o traballo de todo o ano. Cando chegas a esta eliminatoria tócache un equipo como o Málaga e falo ben, es capaz de pasar de rolda… Estamos contentos, estamos ilusionados, con moita ambición, con moitas ganas”.

Dos duelos ligueiros ante o Mallorca, saldados cun 1-0 para cada equipo en Son Moix e ABANCA-RIAZOR, di Borja que “a estas alturas nos coñecemos moi ben os dous. Cada equipo ten suficientes armas para facer dano ao rival. Temos que facer o noso partido, non creo que fagamos nada diferente ao que fixemos durante todo o ano. Temos unha identidade. Todos os xogadores renderon a bo nivel. Temos que planificar o partido o mellor posible, e ser descarados”.

Recalca que a mellora do Dépor está en “sobrepoñernos á mala xeira que tivemos. Ese maldito mes que nos marcamos cun obxectivo que era gañar os 4 partidos, puntuar… fíxonos moito dano. Exceder esa mala xeira que nos fixo tanto dano, que non eramos capaces de gañar en ABANCA-RIAZOR. Volver gañar en casa, volver ter á afección enchufadísima, volver ver a todo o mundo ilusionado, é a maior mellora que temos”.

A nivel físico, o futbolista branquiazul subliña que “estamos ben. Somos un bloque compacto. Sabemos o que temos que facer”.

De cara ao partido de ida deste xoves 20 de xuño en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar Partidazo), Borja indica que “xogaremos en casa, diante de 30.000 persoas. Vímolo na anterior eliminatoria contra o Málaga CF, é importante estar todos unidos, a unha. O outro día na segunda parte cando o Dépor remonta e consegue o que consegue non só é polos xogadores senón que é un conxunto de todo. Vai ser vital nesta eliminatoria que esteamos todos xuntos. Non temos dúbida de que o campo vai estar a rebentar. Ao final xoga a ilusión, a ambición de poder conseguir o obxectivo”.

Abaixo na portada da web tes o vídeo ao completo nos nosos : “Vídeos Recomendados”.

 

NOVAS BREVES

 

ESGOTADAS AS ENTRADAS

“Non hai billetes” colga xa nas ventanillas das taquillas de Riazor. A Oficina de Atención o Deportivista, (OAD), esgotou tódalas entradas para o encontro ante o Mallorca do vindeiro xoves ás 21:00 horas, (19:00 GMT). Durtante o día houbo problemas para facerse con entradas por internet. Segundo nos comentaron dende o clube, foi un problema alleo o clube. Mañán na OAD, despacharán as entradas reserbadas por internet.

 

María Méndez segunda fichaxe do Deportivo Feminino

María Méndez Fernández (Oviedo, 10 de abril de 2001) converteuse na segunda fichaxe do Deportivo ABANCA de cara ao seu debut na máxima categoría do fútbol nacional, a Liga Iberdrola, na próxima temporada 2019-2020.

Méndez xoga como defensa central. Procede do Real Oviedo Femenino –anteriormente Oviedo Moderno CF–, no que debutou con 15 anos, nos últimos partidos que o conxunto asturiano disputou na Liga Iberdrola. As tres últimas campañas disputounas completas coa formación ovetense, todas elas no grupo 1 da Segunda División, o mesmo no que xogou o seu novo equipo desde a súa creación.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es