Borja Jiménez pasouse por rolda de prensa na previa do encontro/adestramento amigable de mañán sábado ante o Real Madrid Castilla, de mañán sábado en Viveiro, (19:00 horas/17:00 GMT), que será coma sempre televisado en direto pola canle de YouTube do RC Deportivo.
O técnico foi preguntado pola probabilidade da incorporación de Lucas Pérez “Lucas podería axudarnos moito. Ten contrato con outro equipo e témolo que respectar. A ver que se pode facer. Non teño toda a información, pero é posible que se poida estar a tentar. Cando hai rumores é que algo hai”.
Tamén foi preguntado polo “affaire” con dani Barcia : “O tema de Dani é un tema da dirección deportiva por cousas que viron durante a pretemporada. Iremos vendo como vai todo. Eu non podo dicirche nada malo do seu comportamento. Outra cousa é que el ou outro xogador chegase tarde algún día. É unha decisión que toma a dirección deportiva. Igual que nos deron os nomes ao comezo de pretemporada, agora dixéronnos que durante un tempo non. Non hai que masacrar ao crío porque está nun período de formación no que se pode equivocar”.
E sobre o futuro de Héctor Hernández : “Existe un parte médico onde o doutor certifica que está lesionado. Non hai máis. É xogador con contrato e estou a desexar que se poña ben. Non me comunicaron máis”.
E comentou sobre as incorporacións que faltan por chegar : “Ademais do dianteiro incorporaremos algo máis. Non moito máis, pero si algo. O dianteiro necesitámolo. A situación de Quiles do ano pasado vénnos moi ben e necesitamos algo máis que axude a Gorka, para non mover a Quiles de sitio. E logo pode vir algo máis. Haberá que esperar, pero non vai ser só o dianteiro. Hai algunha liña na que tamén estamos algo máis descompensados. Non hai prazos. Se atopamos algo que nos guste farase. Hai que ter paciencia”.
Tes todo o que dixo na rolda de prensa no vídeo.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto e Vídeo : RC Deportivo