Borja Jiménez pasou por rolda de prensa na previa do encontro ante o DUX Internacional de Madrid e descartou a Jaime para este encontro, xa que o xogador adestrou aparte por molestias, e prefire deixalo descansar e contar xa con él o luns.
O adestrador deportivista restoulle importancia ao campo do Municipal de Villavisciosa de Odón, no que se xogará o Domingo a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), e dixo que : “O campo é o que é. Dá igual. É igual para os dous equipos, é o de menos. Quizá o bote é diferente e as accións poden ser máis imprecisas, máis lento… pero o balón roda ben. O DUX é un equipo coa idea moi clara. Ten bo trato á pelota e xogadores para dominar. Somos os equipos coas mellores series nos últimos partidos e será un partido difícil. É moi bo equipo creo que ao DUX o seu campo tampouco lles axuda”.
Por outra banda sobre Trilli, que onte deixaba os adestramentos antes da sua finalización dixo que foi só porque, “estaba canso do adestramento coa Sub19”, polo que non terá problema para ser da partida.
Borja pensa só no encontro ante o DUX, e logo ante o Zamora e desppois o do Santander e así sucesivamente. Quer a afección en Riazor, tanto ante o Santander, coma co resto, porque para él, son todos igual de importantes, e a afección tamén o é en todos : “O encontro co Racing é especial e oxalá sexamos 25.000 en Riazor, pero eu iso quéroo cada fin de semana. Porque os imos a necesitar.Temos partidos en casa contra rivais de media táboa cara arriba. Todos van ser importantes. O do Racing vai valer o mesmo que o do DUX. Queda case toda a segunda volta, falar de partidos decisivos… é volverche tolo, caeríasenos o pelo do estrés”.
Foi preguntado se Miku forzaría a 5ª tarxeta para estar ante o Racing, e nesto foi claro, decindo que para nada se buscará eso, pois igual se falla noutro encontro e votaríamolo de menos, decindo que : “igual fallamos noutro encontro e diríamos que se estivese Miku…”.
Todo o que dixo abrindo o vídeo.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia