ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PREVIA O DEPOR-ZAMORA : “O Zamora é un moi bo equipo que o ano pasado fixo “Play-off”. A base da plantilla mantense desde o ascenso de Terceira”.

 

Borja Jiménez pasou por riolda de prensa como cada venres previo o encontro de turno, neste caso o de mañán sábado a partires das 17:00 horas, (15:00 GMT), en Riazor fronte o Zamora CF, do que podes saber un pouco máis da sua historia e actualidade pasándo te polo noso : “Sabías qué?…do nsoso rival.

 

Estas foron algunhas das frases de Borja Jiménez na rolda de prensa :

“Construír un equipo é moi difícil. Para min tárdase tempo en facer, falo dunha bagaxe de seis ou sete meses e no fútbol non hai ese tempo. Isto non é unha escusa, pero si creo que o proceso é larguísimo e non será en novembro nin en decembro. Sempre falo de marzo e así porque para min son as datas nas que se vai a xogar todo e verás a un equipo feito”.

“Ata o de agora estou moi contento porque teño a sensación de que imos sendo un equipo moi reconocible, que non é sinxelo”.

“Se fose profesor, nas notas recoñecería o esforzo do alumno. Creo que o Dépor fixo moitas cousas ben. Se o comparas con outros anos, a nota sería sobresaliente, pero o meu nivel de autoexigencia permíteme darlles un notable alto porque poñerche este escudo non é tan sinxelo como parece. Con toda esa mochila que temos, que cando saímos ao campo quítannola os nosos afeccionados, creo que o equipo comportouse moi ben”.

“O Zamora é un moi bo equipo que o ano pasado fixo “Play-off”. A base da plantilla mantense desde o ascenso de Terceira e o adestrador ten moita experiencia na categoría e é dos bos. Van poñer as cousas moi difíciles”.

“É un club moi ben estruturado, que funciona fantasticamente no día a día. Creo que o equipo non pasará problemas ao longo do ano, ten toda a base para conseguir os seus obxectivos”.

“Menudo supoño que está regular, todos os xogadores que non participan non están cómodos. Cando ti firmas nun sitio é para xogar sempre ou case sempre. El e os 23 do persoal. Está a adestrar moi ben e terá o seu momento, estou convencido”.

“Trigueros sigue xa na última fase de recuperación, a ver se a principios de semana ou mediados da semana que vén pode empezar a facer cousas connosco”.

“Non hai nada específico con el. É que teña boas sensacións. Esta semana tiña peores sensacións e non puido adestrar e a semana pasada tivo mellores sensacións e case toda a semana estivo ao completo. É un mozo moi novo, é a primeira vez que se lesiona nesa zona e que se alonga un pouco máis do esperado. Cando estea para adestrar pois lles meteremos a adestrar e logo a competir para xogar, pero non hai un plan. É o día a día. No fútbol ao final o que hoxe parece negro mañá pode ser branco e ao contrario. Hai que ter paciencia e que estea ben sobre todo que non teña dor”.

“Llevamos dos semanas de menos entrenamientos con el primer equipo pero había estado con nosotros. Supongo que entre el viaje y los partidos que ha acumulado está más cansado pero no he hablado mucho con él, (Noel). Mañana estará disponible y decidiremos”.

“Non sei o futuro. É un xogador que ten capacidades para facelo perfectamente nesa demarcación, (Víctor García). Nós tanto no día a día con el como a nivel visual como en cada post partido tentamos dicirlle a el e a calquera xogador onde pode mellorar. Levamos un mes aproximadamente adestrando con el nesa demarcación, entón todas as correccións que lle facemos a el son en situacións de lateral dereito porque queremos que mellore aí, que é onde agora estao facendo. Se dentro de X tempo ten que facelo por diante ao final capacidades tenas perfectamente porque é un prodixio a nivel físico, cunha boa envergadura para defender situacións de centros, é rápido para accións de 1 contra 1, ten moi boa incorporación e estamos a traballar nesas situacións de en os momentos que se incorpora necesítase un centro de primeira ou un control máis”.

“Non vas mal encamiñado, non sempre é así, (sobre o seu de repetir vestimenta). Non teño moitas supersticiones pero si que é certo que vez en cando o que funciona din que non hai que tocalo e creo que lle pasa igual un pouco a moita xente. Cada un teremos as nosas teimas ou as nosas cosillas que ao final é un simple feito anecdótico”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es