ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PREVIA O DEPOR-SD LOGROÑÉS : “AGORA CA NOSA XENTE NA CASA…GAÑAR”.

 

Borja Jiménez pasou por rolda de prensa para falar da actualidade do equipo e do encontro deste venres, (21:00 horas/19:00 GMT), en Riazor ante o SD Logroñés, equipo fundado por socios do ex CD Logroñés e do que podes coñecer todo no noso Sabías que?…do rival de turno.

Borja amosouse moi tranquilo e coas cousas craras trala derrota da semana pasada, que di que este encontro : “con moita tranquilidade”, e que non fixeron, “ningún demérito pata haber perdido”, pero que “as sensacións dos xogadores tras velo encontro non son tan malas”, seguindo a sua filosofía de que : “agora ca nosa xente na casa gañar…o gañar ou perder non debe cambiar a nosa maneira de traballar…perdemos?, sí, pero os rapaces con moitas gañas de sentir de novo Riazor”.

Non ten preocupación polo debate do lateral dereito : “É verdade que sumamos diferentes opcións. O outro día Lapeña, antes Villares, Víctor e Benito. Ou Trilli na primeira xornada. Fomos vendo solucións. Con eses cambios gañamos tres partidos e perdido un. O lateral dereito é unha posición máis e vou elixindo. Entendo que a xente o vexa estraño, pero pasa noutras posicións, son cousas normais”.

Ve un equipo interesante no SD Logroñés que a semana pasada lle remontou o Talavera un 0-2 : “O SD Logroñés sorprendeume gratamente. Gústalle asumir riscos co balón. Equipo alegre de tres cuartos cara adiante. No último partido tiveron a capacidade de repoñerse dun 0-2. É un equipo interesante da categoría, un bo equipo”.

Voltou o “erre que erre” con Noel : “Non se se lle faría ilusión ou non xogar a Champions xuvenil, pero é xogador do primeiro persoal…Todo o que non xestionemos ben ao redor de Noel vai facer dar pasos cara atrás. Non creo que fose positivo que leva o 9 do Deportivo. Vai facer moitos anos. Pero é un mozo que en febreiro do ano pasado non estaba no disparadero como agora. O que está a pasar está a pasarlle moi rápido. O que máis aposta por Noel é o seu adestrador, que decido que sexa un dos dianteiros do primeiro equipo. Vai dar en determinados momentos e partidos. Nun contexto onde ao equipo lle vaia ben e haxa espazos para correr. Vai dar moito, pero hai que ter paciencia, se non retardaremos o que lle vai a pasar. Os canteiráns son nenos. Máis chamamentos á calma con el ou coa canteira non podo facer. Entendo que a xente se ilusione, pero paciencia. Cando pensemos que poida xogar, farao, o importante é que o Deportivo gañe”.

Tamén falou de Menudo que saeu dunha lesión e ten agora mesmo xogadores que o están facendo ben na sua posición : “É un xogador en que temos depositadas moitas esperanzas. Pero na súa posición outros o fixeron ben, como Juergen, Villares ou De Vicente; e tamén William, Doncel ou Soriano, que fixo bo partido en Salamanca. A competencia é moi alta de tres cuartos cara adiante e o que o faga ben seguirá xogando”.

E no debate do lateral dereito, (que volveu a aparecer e xa aburre), falou de Alberto Benito : “Ten bo pé a nivel ofensivo, pero esta semana colleu un pouco de virus. Non o vou a descubrir agora, levará 100 ou 200 partidos en Segunda. Cando creamos que ten que ser o lateral, poñerémolo. Iremos vendo”.

E unha vez máis foi preguntado sobre a afección, nunha rolda de prensa que ben poderíacontestar co sistema do carnet de conducir, ou con enlaces doutros días : “Para nós é unha faena non ter o aforo ao 100 %, pero non sei por que. Estou a desexar ver Riazor cheo. Se con 10.000 persoas o ambiente é incrible… Pero non hai que perder a perspectiva. Vimos dun ano e pico moi amolado, e agora é unha faena que o partido non sexa o sábado e non se poida encher, pero hai que valorar outras cousas: agora xa vai a xente aos estadios, cada vez morre menos xente, parece que saímos de situacións sanitarias e sociais complicadas. O venres haberá 13.000 ou 14.000, e a semana que vén xa serán máis”.

A lista de convocados mañán venres

Non deu lista de convocados e esperará a mañán o haber tido varios xogadores cun virus, así como xogadores que saen de lesións : “Foi unha semana moi cortiña onde tivemos que ir manexando as cargas dos xogadores que participaron e os que non. Tivemos algúns xogadores cun virus típico destas datas pero tranquilos. Unha semana máis. Para min non hai moita diferenza cando se gaña que cando se perde. Hai que ser sempre lineal para que o xogador detecte que non pasa nada nin por gañar nin por perder”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-texto : piratasdemuxia

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies