ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PREVIA O CD TUDELANO-DEPOR :

 

Borja Jiménez atendeu aos medios de comunicación nunha rolda de prensa telemática en Abegondo.

En primeiro lugar mostrouse “moi contento con todo o que nos puido dar o mercado, coñecendo a nova realidade que ten o Club. Tivemos a posibilidade de traer moi bos xogadores para a categoría, que nos van a dar moi bo rendemento”. Así pois, cre que o cadro é “moi versátil”. Pódese adaptar a moitas formas de xogar”.

Lanzou unha mensaxe de prudencia a #ANOSAFORZA aínda que o resultado do pasado domingo ante o RC Celta B en ABANCA-RIAZOR (5-0) “axuda a construír”: “A realidade da 1ª RFEF é que podes gañar un día 5-0 e ao día seguinte palmar 2-0 fóra de casa perfectamente. Esa é a realidade desta categoría. ¿Por qué? Porque está todo moi igualado. Gañar fóra de casa é moi difícil. Pero pásalle ao Atleti, ao Real Madrid, ao Barça… A todo o mundo cústalle gañar fóra de casa. Teño a miña teoría que é que cada vez está todo máis igualado”.

O adestrador branquiazul, á parte disto, apunta que “queremos seguir crecendo no que cremos que nos pode levar a conseguir o obxectivo. Independentemente do que nos vaia a expoñer ao rival. A nosa forma de entender o fútbol pode ter matices cada semana pero si crecer nesa identidade de equipo que é valente, defende alto, que ten a capacidade de afundirse para defender baixo, que ten a capacidade de asumir riscos no inicio ou xogar directos sobre os seus puntas e por mor de aí facer unha segunda acción… Canta máis riqueza táctica mellor”.

Despois do vivido o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR, “díxeno moitas veces e se cadra a xente pensa que é para gañarme a #ANOSAFORZA. Non, porque estiven na outra parte. Vir xogar a ABANCA-RIAZOR e ter 19.000 persoas no estadio animando ao seu equipo, dando voces… Se #ANOSAFORZA ten a implicación que mostrou ese día, esa xenerosidade no esforzo, vai ser moi difícil que os equipos rivais soporten iso. Aquí en ABANCA-RIAZOR é deixarnos a alma. Teremos días acertados como o outro día onde nos salga todo; e teremos días onde non nos salga case todo e #ANOSAFORZA teña a capacidade de levarnos polo aire”.

Do CD Tudelano, rival este domingo 5 de setembro no Estadio Ciudad de Tudela, Borja Jiménez apunta que “é un equipo que está feito á medida do seu adestrador polo que fixo o míster noutros equipos. Ten a capacidade de ir presionarche alto; se non se atopan cómodos métense nun bloque moi baixo… A nivel defensivo non imos atopar grandes cambios. E a nivel ofensivo igual: xogadores con boa saída de balón, con capacidade de desprazar en longo, dianteiros con capacidade de xogar ás costas da portería. O outro día en Santander estiveron a moi bo nivel, con posibilidades para empatar e con algunha boa posibilidade de facer gol con 0-0. Un rival difícil como o van a ser todos os da categoría”.

Quere subliñar ademais que “na súa casa caracterizouse sempre por ser moi forte. Partido fodido da categoría”, conclúe.

Indica ademais que Tudela foi unha das poboacións afectadas pola mala climatoloxía dos últimos días en España e o campo pode estar en peores condicións das habituais, “pero hai que adaptarse. Se está peor haberá que pegarlle máis para arriba do habitual e xa está. Vai estar igual de mal para os dous equipos. Ten que ser unha característica deste Deportivo: ser un equipo camaleónico cada 7 días e adaptarse a se un día fai vento, outro está o campo máis mollado e outro se nos van ben as cousas e o céspede está ben”.

Nesta liña, insiste que “vai ser un ano tan longo, tan igualado que hai que ir fóra de ABANCA-RIAZOR como unha formiguiña, ir aos poucos durante todo o ano, ir sumando, ir sumando, ir sumando; e que a final de ano podamos facer un balance do que foi o noso equipo fóra de casa e digamos ‘competimos moi ben e tivemos a capacidade de gañar puntos’. ¿Fácil? Non vai ser fácil. Pero nin este (en Tudela) nin ningún”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo