ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PREVIA AO DEPOR-TALAVERA DESTE MÉRCORES, PERTENCENTE A 1ª XORNADA DE LIGA.

 

Vivimos nun pais tan manipulado no que se refire ao fútbol, (antre outras moitas cousas), que xa ninguén se acorda, que o encontro que se xogará mañán en Riazor, é un choque que non se debería xogar. O rival da 1ª Xornada da 1ª RFEF, era o DUX Internacional de Madrid, que non se presentou en Riazor, e a Real Federación Española de Fútbol, (que de real non ten nada), inventouse un aprazamento do encontro, (o que quer dicir que mañán o que tiña que xogar era o DUX, e non o Talavera, pois non lle foi aparazado o encontro a eles). O equipo madrileño ainda ten a denuncia na xustiza, por ser eliminado da liga.

Inventáronse a inclusión do Talavera, un equipo que estaba na 2ª RFEF, e colárono na 3ª xornada, tras suspender o encontro co DUX, da segunda, cando tiña que xogar co Mérida. 

A todo isto, que non é nada para o que se podía dicir, Borja Jiménez, en entredito na prensa, e que se extende a algúns sectores da afección, pola influenza desestabilizante, pasou por rolda de prensa para analizar o choque de mañán ás 20:00 horas, (18:00 GMT), televisado en direto por InSports TV. O técnico ve mellora no equipo, e dixo que ía a meter, “aos que mellor vexo, e despois xa veremos se se fan rotacións co San Fernando”, (Domingo 25-Riazor).

Tamén comentou que está todo plantel dispoñible, e nas preguntas sobre a defensa, dixo que tanto Pablo Martínez, coma Borja Granero, están para poder xogar se o estima necesario. Sobre Yeremai, dixo que os minutos que lle deu son froito ao, “ben que traballou pola semana nos adestramentos”.

O Depor a 7 puntos do Córdoba e Linares, pode aproximarse a 4 de sacar este encontro adiante, ante un equipo, que a pesares de gañar o ano pasado os dous encontros pola mínima, deuselle bastante mal.

O equipo leva 2 vitorias e 2 empates, nas 4 xornadas que xogou, e verdadeiramente está a ofrecer unha imaxe bastante probe, no seu fútbol, e ademáis atenuada ca sequía goleadora.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia