ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ POST-PARTIDO : “GAÑAMOS NUN CAMPO MOI DIFÍCIL E ANTE UN RIVAL MOI BO”.

 

Após o partido, na sala de prensa do pavillón dos deportes de Tudela, Borja Jiménez analizou a sufrida e calorosa vitoria do Dépor en terras navarras: “Un partido eu creo que condicionado un pouquiño polo clima que tiñamos hoxe, moita calor, campo bastante seco, e custounos aos dous equipos enlazar moitas situacións de continuidade no xogo. Un partido de Segunda B pero contentos. Foi un partido completamente diferente ao que vimos o outro día e sabendo que destes tamén imos ter moitos durante o ano e atopámonos un rival que nos puxo as cousas moi difíciles”.

Continuou a súa análise global co sufrimento na segunda parte: “Hoxe tivemos que defender moitos centros laterais nun partido de moito desgaste, onde non fomos capaces de dominar o encontro, pero si tivemos ese arroxo de poder defender situacións”.

Finalmente, o Dépor asinou o pleno de puntos: “Sabe igual de ben porque son 3 puntos. Dixémolo o outro día, cando acabou o partido, o que pasou non é normal na categoría. Oxalá podamos ter partidos deses, pero imos ter moitos máis destes, de sufrir, de agarrarnos ao partido, de ser competitivos e de saber que a categoría require esforzos como o de hoxe”.

En canto ao rival, Borja falou de “un Tudelano que xa o día do Racing estivo a moi bo nivel e hoxe volveron a competir moi ben. Xa vos digo, levo 5 ou 6 anos na categoría e nunca, nunca tivera a capacidade de gañar aquí. Ou sexa que gañamos nun campo moi difícil e ante un moi bo rival”.

En canto ao gol do Dépor, Borja desvelou que a xogada ía preparada desde A Coruña: “A acción de hoxe é unha xogada ensaiada o sábado pola mañá que é un corte de Lapeña e cun bloqueo do primeiro xogador nunha zona que detectaramos que podía ser de perigo para eles. A faena disto é que me vai a tocar pagar unha cea porque cada vez que ocorre algo así, o que paga son eu, pero bueno, contento, sabendo que o balón parado, fundamental na categoría desatasca partidos como hoxe e pasaranos semanas onde nos custará puntos seguro”.

Por último, o técnico Deportivista analizou as condicións nas que se disputo o choque: “eu tiña moitísimo calor, non me quero nin imaxinar os xogadores aí dentro. Eu creo que neste aspecto igual pode haber algún tipo de mellora. A nivel de horarios e demais vir a Tudela case en agosto e xogar ás 5 da tarde a 30 e tantos graos como hoxe prexudicounos aos dous equipos. Por iso o partido foi moito máis lento, con menos ritmo. O céspede secábase enseguida. Eu creo que os que perden neste caso son os dous equipos e, sobre todo, o espectáculo”, concluíu.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo