ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ : “Hai que ir mellorando. Queda moita temporada. O equipo cada vez vai facendo máis cousiñas”.

 

Borja Jiménez manifestou ao concluír o partido ante a UD Calahorra que “non creo que o resultado tan avultado como terminou sexa a realidade. Un partido moi trabado, onde tivemos que facer moitas cousas ben para poder gañar aquí. Moi contento. Sumar sempre é positivo e facelo fóra de casa máis aínda”.

A pesar dos bos números do Deportivo no que vai de competición ligueira, con nove puntos de nove puntos en xogo, nove goles a favor e cero en contra, o técnico deportivista pide “ir mellorando. Queda moita temporada. O equipo cada vez vai facendo máis cousiñas, adáptase a diferentes rexistros fóra de ABANCA-RIAZOR. A nivel defensivo está a ser contundente. A marxe de mellora é ampla porque son as primeiras xornadas e porque chegaron moitos xogadores novos. Hai que ser cauto porque chegará o día que as cousas non saian ben. Neste equilibrio dos que estamos aquí vai estar a capacidade de facer un bo ano”.

Co tres dianteiros (Quiles, Miku e Noel) anotando na Planilla, manifestou estar “contento con que fagan goles eles, contento por volver ter a Aguirre que regale un gol e medio como o fixo con Noel. Destacaría o partido de Rafa de Vicente, que non viña participando e fixo un partido moi bo. Toda a liña defensiva porque houbo moitos envíos, moito xogo cruzado, os laterais estiveron ben. Os dianteiros teñen que facer goles. Para iso están e lévano no salario”.

Está de acordo con que o equipo soubo sufrir como en Tudela e advertiu que “hai que sufrir. O ano vai ser un sufrimento. Vai haber poucos días como o día do RC Celta B. Vainos a custar e hai que adaptarse. O equipo que mellor saiba sufrir, controlar eses momentos malos porque virán, manter a calma estes días vainos a facer estar moi arriba”.

Insiste en “relativizar as vitorias e as derrotas porque o importante é o día a día, en ver crecer ao equipo, en ver que se adapta a diferentes rexistros. Manexamos os últimos minutos hoxe coa pelota, mellor elección coas transicións, que o equipo vaia metendo conceptos e vaia mellorando”.

Finalmente Borja Jiménez advirte, sobre os cambios no once inicial, que “teñen que estar preparados cando lles toque e cando volvan saír. Aquí hai que competir”.

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo