ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ : “ESTO É UN DESASTRE…UNHA MERDA”, (REFERÍNDOSE A SITUACIÓN NA LIGA).

 

Coma se houbese encontro, xa que todo apunta a que non o vai a haber, Borja Jiménez pasou por rolda de prensa para máis ca nada falar sobre a actualidade do equipo, pois só se sabe que se atrasa o encontro, ou mellor dito, o horario ás 20:00 horas.

Sobre a situación, Borja Jiménez usou os adxetivos de que é, “un desatre”, “unha merda”.

Fora do que falou o adestrador deportivista, fálase nos mentideiros deportivos que o DUX Internacional de Madrid, xa mandou un burofax a RFEF avisando de que non se presentaba, así coma o RC Deportivo, cousa que o parecer confirmou o seu presidente, David Barragán.

A poucos días do peche de mercado, Borja Jiménez asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que “imos tentar mellorar o cadro. Estamos a tentalo e hai que confiar na xente que está a traballar niso. Quedan 5 ou 6 días de mercado e creo que haberá novidades. Hai que esperar”. “Hai que estar tranquilos, confiar cegamente na Dirección Deportiva e seguro que melloramos o cadro nestes días”, subliña.

O técnico deportivista fala de “desastre” para referirse ao que está a vivir o Dépor co seu primeiro partido de liga ante o DUX Internacional de Madrid: “Levamos a semana con normalidade imaxinando que xogamos. A partir de aí todo o demais está lonxe do que nós podemos facer. É traballar, tentar que dentro de cada desaxuste que ocorre cada 15 minutos, a nivel de planificación, tentar facelo o mellor posible e adaptarse”.

Pide “afrontalo coa normalidade que se poden afrontar estas cousas. Ir a ABANCA-RIAZOR, tentar xogar. Pode ser que non veña ninguén e non xogar. Un desastre, un desastre”.

Intúe que o equipo madrileño non viaxará á Coruña e confesa falar co seu técnico, o ex deportivista Alfredo Santaelena: “O que fai é ser portavoz do que lle van dicindo desde o Club. Se aparece alguén nestes momentos ou mañá que poña diñeiro, pódense presentar aquí. Véxoo moi remoto, pero é un desastre. É que é moi difícil de explicar”.

O adestrador branquiazul vaticina que “a partir deste precedente, cambiarán algunha normativa para que en futuras ocasións antes de 15 días de que inicie a competición, hai que presentar unhas fichas federativas e entón resolveuse o problema, intúo. A data de hoxe entendo que non se pode facer moito máis porque a Federación é a primeira interesada en que a súa competición se mostre dunha maneira o máis profesional posible e todo isto dista moito diso”.

Desexa o máximo responsable técnico que “se resolva a situación, consiga saír a competir sobre todo polos compañeiros de profesión, por todo o mundo, pola competición”.

Ve ao Dépor como “primeiro afectado” e toca “tentar buscar unha solución para a fin de semana. Hai que reinventarse cada día, ir poñendo solucións aos problemas que van vindo”. “Trátase de ir tomando decisións o máis rápido posible, cando se van dando os acontecementos e tentar non equivocarche, ou equivocarse o menos posible”, conclúe.

Non aprecia ningún lado positivo nesta situación, en referencia a recuperar tocados… “A min gustaríame xogar o sábado con #ANOSAFORZA e que empezase a competición independentemente do estado no que poidan chegar algúns xogadores porque non sei como van estar a semana que vén. Xa nos pasou o ano pasado algunha vez cando houbo algún adiamento”.

Admite que a esta situación “tentas ter alternativas na túa cabeza. O problema é que non podes xogar con ningún Primeira División, nin con Segunda División, nin con Primera RFEF, nin con Portugal, porque todas as competicións empezaron. Para os equipos de Segunda RFEF é o último partido antes de competir e todo o mundo teno pechado. Hai competicións da Copa Federación entre medias… entón é moi complicado. Tampouco podes xogar o sábado porque tes un partido marcado. Limítache máis o radio de acción. A todo iso tentas buscar solucións que vos podo asegurar que non son fáciles”.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies