ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ : “Estamos moi centrados en xogar, e se non veñen pois non xogaremos”.

 

Borja Jiménez arrancou a rolda de prensa solidarizándose co Extremadura UD, rival deste domingo 14 de novembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Footters) que confirmou unha folga: “O meu inicio no fútbol foi nunha situación tamén complicada porque entramos nun concurso de acredores. A primeira vez que adestrei, por dicilo dalgunha maneira, ao fútbol profesional. Son situacións complicadas que cada un vive de forma interna. O que podo facer é solidarizarme con toda a xente do Extremadura UD que o estarán pasando moi mal. Son situacións difíciles de entender e de controlar, pero desde a distancia, opinar nun tema tan delicado creo que é meter a pata”.

Asegura que “estamos súper centrados en afrontar o partido do domingo, que para nós é moi importante porque vimos de sacar un bo resultado en Logroño. Estamos moi centrados en competir ben o domingo. O caso de que veñan ou non, non está nas nosas mans”.

Cre que “o partido do domingo é moi importante porque vimos dunha boa dinámica de resultados e temos que alargala o máximo posible cando as cousas van ben, porque xa sabedes que logo de cando en vez veñen mal. Cando as cousas funcionan, hai que traballar e é o momento de corrixir cantas máis cousas mellor. Agora cando ganas é máis fácil e hai que seguir insistindo niso e preparar como fixemos esta semana, como outra calquera, o partido o mellor posible”, insiste.

De feito, prefire non pensar se o partido non se xoga: “Estamos moi centrados en xogar e se non veñen pois non xogaremos. Buscaremos como compensar, pero non creo que se non vaian vir póidanos afectar dalgunha maneira a nivel de estado de forma. Nós con normalidade, adestrar mañá ás 10:30, unha sesión pre-partido; e o domingo ás 10:00 alí, sesión de vídeo, concentrados, máxima intensidade, que #ANOSAFORZA estea alí porque como vós dicides a semana podemos entender que foi diferente e pode ser un partido onde máis que nunca necesitamos á afección”.

-Vídeo, Foto e Texto : rcdeportivo.es