ROLDA DE PRENSA DE BORJA GALÁN : “SE GAÑAS FORA SERÍA UN GOLPE ENRIBA DA MESA”.

 

O canteirán Borja Galán pasou por rolda de prensa e na xeira dos xornalistas de darlle máis importanza da que ten o encontro contra o Pontevedra, o vindeiro sábado a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT), televisado dende “Pasarón” pola TV2 e polas plataformas dixitais nas que está a Televisión de Galicia e a sua canle Internacional, así como pola páxina web da CRTVG.

O interior deportivista comentou que : “É un partido que se somos capaces de conseguir o triunfo, distanciarémonos un pouco. Ademais un rival directo, se ganas fóra de casa sería un golpe encima da mesa. Sabemos que xogan ese 4-4-2 clásico con dúas puntas que se complementan moi ben. Pero a Rufo e a Charles acompáñaos todo o equipo e haberá que estar atentos”.

Dixo que falou co seu ex compañeiro no Fabril o pontevresista Romay, ao que chamou e falou con él, desexandolle unha pronta recuperación da sua lesión

Sobre as esixencias de algúns afecionados, non contentos co fútbol que fai o equipo, a pesares de ir primeiros e cuns números extraordinarios, o extremo deportivista ten craro o porqué destas esixencias, xa que para él a Coruña : “É un lugar onde se vive o fútbol de maneira especial, co malo e o bo que iso conleva. Se vai ben, todo vai rodado e todos che aprecian e teñen agarimo. Pero se as cousas non van ben é difícil, porque a xente esíxeche e é normal. A xente está afeita ver bo fútbol, estar en categorías superiores, Champions, ligas… “.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia