ROLDA DE PRENSA DE BORJA GALÁN : “Por suposto que me vexo xogando de lateral…Por que non?”.

 

Borja Galán foi o que pasou por rolda de prensa esta mañán antes do adestradmento do Depor preparando o encontro ante o Elxe en Riazor do vindeiro Domingo 10 de Novembro a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), un horario deste asqueroso sistema de televisións da Liga de Fútbol Española, que vai sempre contra os afeccionados e neste caso contra todo o fútbol base que se xoga na mañán dos Domingos.

O interior madrileño, ofreceuse na rolda de prensa para suplir a baixa de Eneko Bóveda, por acumulación de cartóns, no lateral dereito : “Adestrei bastantes días aí e por suposto que me vexo xogando de lateral. Por que non?. Se o adestrador cré oportuno que o faga, axudarei nesa posición. Valín é outra opción, fixo un bo partido nas Palmas para ser o seu debut. Non estamos os xogadores para elixir”, dixo o Borja Galán.

O xogador espera que a mellora do equipo sega e que cheguen as vitorias : “Somos conscientes de que hai que aumentar esa mellora. Seguir. Non nos deu para gañar, así que haberá que continuar. Sabemos que son moitos partidos sen gañar, non é a situación idónea para afrontar un partido vital, pero ao final todos os refachos acábanse. Estamos a cortar a sangría de goles e marcamos nos dous últimos”.

Si lle din no verán que estarían nesta situación non o creería, pero espera que esto se revirta e ten confianza de que sí, que queda moito e que se verá o verdadeiro potencial da plantilla : “aínda que soe a tópico, queda moitísimo e temos capacidade para reverter esta situación. Falar disto cando imos pechacancelas soa a tolemia, pero estou convencido de que cando consigamos unha vitoria vai ver o verdadeiro potencial deste equipo, que é moito máis alto”.

Acabou decindo que o ambente no vestiario “é bo, non hai crispación”, que son “ub grupo de bos chavales e que un par de bos resultados cambiará todo”.

A rolda completa con moito máis mirando o vídeo de 10:46 minutos.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto e texto: piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies