ROLDA DE PRENSA DE BORJA GALÁN : “NON O DEBEMOS FACER TAN MAL CANDO LEVAMOS 10 DE 12 PUNTOS”

 

O canteirán deportivista Borja Galán pasou por rolda de prensa e falou da lesión de nocello de Valín, esta mañán en Abegondo, da que espera : “que sexa o menos posible”, como él comentou o canteirán Valín sufreu un golpe cun compañeiro e saíu con moita dor. Todo apunta a unha escordadura de xeonllo.

Galán di que “antre xogar bonito e non gañar”, prefire, “os puntos”. Sobre as críticas que hai por parte dun sector da afección, e dalgunha prensa que incentiva esas críticas, dí que se “abstraen”, e tamén que, “somos os primeiros en facer autocrítica co noso xogo, pero non o debemos facer tan mal cando levamos 10 puntos de 12, cando empecemos a xogar non sei que poderemos conseguir”, e que eles teñen que estar “concentrados no que facemos”.

Sobre Rolan que adestrou co equipo di que “se poña canto antes en forma e que axude o equipo” e que no seu caso que se encontra, “moi ben e son ambicioso desexando xogar os máis minutos posibles”, e que “son consciente que durante a pretempada adestrei pouco e facíame falla coller ese ton físico e agora estou moito mellor…preparado para xogar titular, un cacho, ou as veces non xogar”…”Os problemas de pretempada impedírpnme estar cos meus compañeiros e agora cuidome máis”.

A base do éxito para Borja é, “se ti non encaixas gol, non vas perder o encontro”, contento co dato de 1 só gol en contra, e que teñen que mellorar no ataque.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies