ROLDA DE PRENSA DE BARBERO : “ESTA SEMANA TEMOS UN ENCONTRO MOI COMPLICADO, COMA TODOS”.

 

Co Dépor á fronte da táboa do grupo 1º de Primera Federación por segunda xornada consecutiva, Iván Barbero lembrou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que “hai un mes e medio ou dous meses non esperabamos estar agora mesmo na posición na que estabamos. Agora só vémolo como un número. Igual esta fin de semana non ganas e non estás primeiro. É algo circunstancial. Non temos que estar centrados en quen vai primeiro, quen vai segundo. Temos que estar centrados no partido que vén agora, que é o máis importante da temporada; e ir partido a partido, sumando vitorias. Quizais cando queden menos xornadas xa se irá vendo quen está mellor encamiñado”.

Pensa que agora mesmo “queda moitísimo, moitísimas xornadas. Veñen moitas dificultades e teremos que afrontalas para poder conseguir o obxectivo”.

Asegura que o grupo, de cara ao partido deste sábado 16 de marzo ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR ante a CE Sabadell FC (TVG-2 e FEF TV), “está como todas as semanas, traballando con intensidade, con moita motivación, moita ilusión. Esta fin de semana temos un partido moi complicado, como todos practicamente. Tentaremos dalo todo para conseguir a vitoria”.

Subliña que os cataláns “se están xogando a vida” e, por conseguinte, vaticina “un partido de moita intensidade por parte de ambos. Cada un utilizará as súas bazas. Nós temos que centrarnos no noso xogo, que nos está dando resultados. Eles virán pornos as cousas moi difíciles como todos os que veñen a ABANCA-RIAZOR. Nós centrados no noso e seguro que conseguiremos un resultado positivo”.

Finalmente o dianteiro deportivista admite que “levabamos varias semanas tendo resultados avultados, facendo moitos goles, chegando fácil á área contraria e recibindo poucas ocasións. É certo que o partido da semana pasada (ante o Nástic) foi totalmente distinto. Os primeiros 15, 20 minutos podiamos ir perdendo. Logo ao empezar a segunda parte posche gañando e queda esa mala espiña de poder dar un golpe na mesa. Non puido ser así”.

Conclúe que o choque no Nou Estadi Costa Daurada “foi un partido moi difícil. Agora nós temos que seguir na liña e volver á senda da vitoria, que é o que todos queremos”.

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo/rcdeportivo.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies