Arnau Comas compareceu este mediodía ante os medios no Dépor Training Center, onde puxo o foco na importancia de consolidar a fortaleza do equipo en Riazor. “É fundamental sentir o apoio da xente, que afección empurre como fai sempre”, recoñeceu o defensor catalán.
O central subliñou que o equipo precisa desa conexión coa grada: “A enerxía da nosa afección é clave. Están aí cada día, alentando. Oxalá poidamos devolverlles cun triunfo que os faga gozar”.
De cara ao choque deste sábado, 8 de novembro, ás 18:30 horas, (16:30 GMT), contra a Cultural Leonesa, Comas aposta pola filosofía de ir paso a paso: “Non hai máis que pensar no seguinte partido. É un duelo importante e temos que conseguir os tres puntos”.
O xogador mira con optimismo a semana tras un mes complicado: “Viñamos dun tramo difícil, pero estes días xuntos fóra serviron para facer grupo e sacar adiante dous partidos clave, con boas sensacións”.
A nivel individual, tras sumar minutos tanto en Copa como na liga, Comas explicou que a súa progresión física foi de menos a máis: “Ao principio faltábame ritmo tras un tempo parado. Estas semanas de traballo axudaronme a mellorar e estar preparado cando o míster o precise. O importante é que o equipo funcione”.
Sobre o golpe sufrido ante o UD Sámano, destacou que todo quedou nun susto: “Foi unha caída fea e paseino mal un intre, pero as probas descartaron calquera lesión grave. Co paso dos días fun mellorando, puiden adestrar con normalidade e chegar en condicións para xogar e contribuír ao equipo”.
Previa da afección antes do encontro
Xa desde as 12:00 horas a Federación de peñas en colaboración con de Ol Faces, Riazor Blues e o Concello da Coruña, teñen programada unha previa a base de xantares e música na rúa Almirante Cadarzo, (na banda do mar pegado a Tribuna). Haberá postos con paella, pizza e polobo a feira e soarán desde o medio día ata antes dél e desde despois do partido ata a media noite ca música de : Sorcha, DJ Javito e La Duendeneta.
-Foto, información e vídeo : Xosé Búa “Pirata”
