Pasou por rolda de prensa o lateral dereito do depor, Antoñito, e dixo que “xa lle dixen a Rodri que en Riazor nin a ula”. O dianteiro do Ceuta que chega nun gran intre de cara a porta, e que é o máximo goleador da liga, é amigo do lateral deportivista, tanto que tralo encontro quedarase na sua casa de fin de semana.
Sobre as contas para o ascenso direto dixo que : “Non estamos coa calculadora. Son catro puntos, pero miramos só ao Ceuta. As miñas contas son gañar este domingo e esperar que outros piquen. Non podemos fallar, pero eles pensarán o mesmo. Sigo sendo optimista, pero hai que ir partido a partido. O importante é o Ceuta…É o que hai que facer se queremos ser campións. Hai que sacar o orgullo, sacar ese refacho no este momento clave porque mentres hai vida, hai esperanza. Non se pode baixar os brazos. Somos o Dépor e ata o último momento estaremos a pelexar polo primeiro posto”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”