ROLDA DE PRENSA DE ANTOÑITO : “Non o dubidei nin un minuto, estou moi contento coa oportunidade de xogar neste club”.

 

 

A derradeira incorporación do Depor, Antonio Jesús Regal Angulo, “Antoñito”, pasou por rolda de prensa e amosouse moi contento de recalar no equipo branquiazul :

“Foi todo moi rápido. Póñense en contacto comigo o luns santo e a miña cabeza deu un xiro de 180 graos. Díxenlle á miña muller que faciamos as maletas, que era unha boa oportunidade, un reto, e non o dubidei nin un minuto. Estou moi contento coa oportunidade de xogar neste club”…”Estou contento por poder achegar o meu granito de area. Hai moito nivel no equipo, un persoal bo, un adestrador con ascensos… hai vimbios para cumprir o obxectivo”.

Sobre como se atopou no seu debút a pasada xornada, xogando 74 minutos en Talavera dixo que : ” Atopeime ben, algo incómodo ao non coñecer aínda os movementos dos meus compañeiros e o que quería o míster. Ao final algo cargado e por iso pedín o cambio, para que non fóra a maiores”.

No vídeo tes ao completo todo o que dixo na rolda de prensa.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies