Aquí tes o máis destacado e resumido do que dixo Antonio Hidalgo na previa do Depor-Sporting de Xixón de mañán sábdo 5 de setembro a partires das 16:15 horas, (15:15 GMT), no Estadio de Riazor .
O empurre de Riazor
Hidalgo destacou a importancia da bancada: “Riazor vainos empurrar moitísimo e axudaranos nos momentos de máis sufrimento”.
Crítica ao calendario e ao descanso
Referiuse á acumulación de partidos e horarios: “Deberíamos saber quen pon os horarios…cinco días son máis que suficientes para recuperarse dun partido a outro. Non tivemos ningún día de descanso”.
Confianza na plantilla
Mostrou tranquilidade tras o peche do mercado: “Cando se pecha o mercado todo está máis tranquilo, temos unha foto clara do cadro de xogadores… Estou contento co plantel”.
Yeremay e a súa nova posición
Falou do papel ofensivo do canario: “Está encantado coa súa nova posición… Se levara algún gol máis, non estariamos a falar disto”…“Buscamos a maior influencia de Yeremay”.
Análise do Sporting
Valorou o rival como un bloque sólido: “É un gran rival, que traballa xunto desde a pasada tempada, teñen mecanismos moi interiorizados e poñeranno moi difícil”.
Tamén deixou clara a súa idea de xogo: “Teño un partido na cabeza e canto máis se pareza a iso, máis preto estaremos da vitoria. Estamos preparados, tentando buscar a debilidade do rival e agochar as nosas”.
Sobre o partido en Leganés
Aludiu ás accións polémicas da xornada anterior: Falou dunha falta sobre Germán como “clarísima” e dun penalti sobre Mulattieri como “clarísimo”.
Proximidade co público e estado do equipo
Mostrou satisfacción co traballo e a unión do grupo: “Temos un plantel moi compensado, no que todo o mundo pode sentirse partícipe”.
-Vídeo e foto : RC Deportivo
-Texto . Xosé Búa “Pirata”