ROLDA DE PRENSA DE ANQUELA PREVIA O DEPOR-OVIEDO

Anquela no adestramento de Riazor a porta pechada.

 

José Antonio Anquela pasou por rolda de prensa tralo adestramento deste venres en Riazor e falou do estado do equipo no inminente inicio de tempada en Riazor este Domingo 18 de Agosto a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT).

O adestrador xienense ve ao equipo nunha fase de creación bastante aceptable  : “As sensacións son boas, o equipo está nunha fase de creación bastante aceptable e a iso téñome que agarrar. Pero a min o test do Teresa Herrera non me vale, válenme máis outros de pretemporada que quizais a vós non vos gustaron tanto, no que competimos con rivais da nosa categoría e con niveis emocionais parellos”.

Segundo comentou quer un equipo que sexa, “equilibrado”, e que leve “o peso do partido e que apertamos arriba”.

Dixo que o equipo sería moi parecido ao que saltou o terreo de xogo ante o Betis no “Teresa Herrera” : “Máis ou menos vai ser o mesmo once que o do Teresa Herrera. Teremos que esperar acontecementos de última hora, pero máis ou menos estamos por esa idea”, para rematar recoñecendo, (como é o máis normal), que para él será “un encontro especial, xogar contra o Oviedo sempre é un pracer e unha ledicia”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies