Juan Antonio Anquela pasou por rolda de prensa e unha vez máis amosou a sua retranca ao máis puro Arsenio Iglesias, no tema de non querer descubrir as suas cartas, (se xa vedes o que facemos nos adestramentos cada día, decía fai anos o “Zorro de Arteixo”). Asimesmo decía noin saber nada do futuro de Pedro Mosquera, para minutos despois decir que Carmelo del Pozo e él falaban tódolos días de todo, (o eu non sei nada, pero sei todo).
Aquí tes en escrito un pequeno resumo que nos achega rcdeportivo.es, e nos nosos “Vídeos Recomendados” podes ver esta rolda de prensa e tódolos vídeos que sube o Deportivo, tanto de roldas de prensa, coma promocionais, ou doutra índole.
Juan Antonio Anquela manifestou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que, dos 45 minutos ante o CD Tenerife o pasado mércores en Pontevedra, queda con que “soubemos reaccionar e soubemos corrixir uns defectiños que estabamos a cometer. En liñas xerais estou bastante contento, sobre todo do traballo diario”.
Insiste en que en Segunda División “hai que competir. Téñoo moi claro. O que non corra non ten opcións. Aquí se somos bos, témolo que demostrar. O outro o podemos facer todo o mundo: correr, traballar, estar ben colocados. É o que temos que facer sen escusas se queremos competir en Segunda División. Co escudo non se gaña, téñoo clarísimo. Hai que adaptarse á categoría e ser un equipo”.
Explica que no seu manual “o primeiro de todo é xogar ben ao fútbol. Intento sempre xogar e quero xogar. Logo poderemos ou non se poderá. Xogar ben ao fútbol é ter un equilibrio. Encántame o fútbol bonito. Pero ¿podo xogar a ese fútbol? Tentarémolo. Xogar ben ao fútbol empeza desde atrás. Tes que ter defensas que a saiban xogar, que non se poñan nerviosos. Se estamos capacitados para facer unha cousa, facela. Se non, iremos por outro camiño”.
Por este motivo, “sempre me adaptei. O que quero ter no campo son os mellores. Teño que concienciar aos meus futbolistas que temos que ir todos polo mesmo camiño. Todos temos a imaxe de equipos que collen a pelota e fan ‘pin, pin, pin’ ¿Pódese ou non se pode? Se se pode farémolo e se non se pode tentaremos ir por outro camiño. Chegar ao mesmo fin que é gañar, pero chégase de distintas formas. Sen xogar ben é moi difícil gañar”.
O técnico deportivista apunta que os fabrilistas “están a moi bo nivel. Encantadísimo. Aquí necesítase fame, ambición e querer conseguir uns obxectivos que son moi difíciles. E conséguense a base de ser un bo equipo de fútbol”. “Cada vez que saíron os rapaces non desentonaron. É máis, vexo moito, moito nivel. Pero as responsabilidades hai que ir dándollas aos poucos. Non teño ningún problema en poñer a un rapaz se vén pedindo paso. E se me demostra cada día que está en condicións de xogar. Pero aquí hai xente que ten que dar un paso adiante, e estou convencido que o vai dar”, engade.
Preguntado pola posible saída de Pedro Mosquera, que se consumou minutos despois de finalizada a rolda de prensa, subliñou que “me limito a ver cuantos teño para adestrar esta tarde. O fútbol de hoxe está así montado. Temos que adaptarnos ou che leva por diante”.
É consciente que actualmente, “o fútbol e o tema económico van xuntos. Hai que cadrar unhas contas. Hai xente que che está controlando e paréceme moi ben porque se non isto iríase de nai”.
Advirte o adestrador branquiazul que “imos ir a unha guerra moi grande. Gustaríame saber canto antes quen son os meus soldados para ir a esa guerra. Pero isto funciona así e non lle imos dar nin unha volta máis. Non vou poñer escusas. Toca así e así se lida. Nada máis”.
Finalmente espera mañá sábado 3 de agosto ante a SD Ponferradina en Vilalba (19:00 horas) que “vaiamos evolucionando. Malamente sería. Cada partido é un mundo, unha historia”. “Estou a cambiar cousas que fixen outros anos. Outros anos sempre repartía minutos e se estades a ver os últimos días, estamos a dar máis minutos. Interésanos saber por onde imos empezar”, aclara.
Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.
TODA A PRETEMPADA DO DEPOR
Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)
Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Depor 1-1 Racing de Ferrol, (Borja Valle)
Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra) : Deportivo 2-1 Tenerife; Pontevedra 0-0 Depor
Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Depor-SD Ponferradina, ás 19:00 horas, (17:00 GMT), televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo.
Mércores 7 Agosto : “XX Trofeo Ramón Losada”, Campo “La Veigona”, (Luarca-Asturias), 19:00 horas : Depor-Unionistas, (Salamanca).
Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es