ROLDA DE PRENSA DE ANQUELA . “OS 5 QUE VIÑERON VANNOS APORTAR MOITÍSIMO”

 

José Antonio Anquela pasou por rolda de prensa na previa do Depor-Albacete do vindeiro sábado a partires das 16:00 horas e deixou craro que a sintonia coa dirección deportiva é “total”, e alabou o traballo de Carmelo del Pozo e do seu equipo.

Considera moi boa achegada dos 5 reforzos dos que cre que : “Son futbolistas que van achegar moito, moitísimo. A ver se temos a sorte de quitarlle todo o rendemento que poden dar. Creo que quedou un persoal equilibrado, dous futbolistas por posto”.

Quer que o equipo se poña o mono de traballo para competir da mellor maneira : “En Huesca non competimos como require a categoría. Se non me queixo diso, estou a enganarme a min e a todo o mundo. O primeiro en Segunda é o corpo a corpo. Se non liquidas iso non vas gañar un partido. Gran parte do fútbol é duelo individual, se ti gáñasme a partida. Se en sete duelos, perdes seis… seguramente non gañes. Temos que gañar a base de pico e pa”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver o vídeo en formato grande  completo a rolda de prensa do adestrador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es