ROLDA DE PRENSA DE ANQUELA : “A VER SE SOMOS QUEN DE SUMAR DE 3 EN 3”

 

José Antonio Anquela pasouse por rolda de prensa previa ao encontro de mañán mércores ante o CD Numancia a partires das 21:00 horas, (19:00 GMT).

O adestrador xienense do Depor falou de a ver se “somos capaces de sumar de 3 en 3”. Ve o equipo que xa se vai acoplando, “estamos neso” e ve a xente que chegou que está a “facelo ben a pesares de quelevan poucos días”.

Di que foron a Xixón, “con moita confianza. O equipo xa mereceu gañar aquí na casa e neste cre que fixeron cousas para non perder e xogando ben en algúns intres do partido”.

Ve o Numancia como “un equipo que o está a facer ben e que chega con moita confianza”. O equipo segundo Anquela : pode variar un home que de un paso adiante ou atrás, pero practicamente van xogar os mesmos”. Descartou a Peru Nolaskoain para este encontrro.

Non lle parece xusto que polas televisións uns teñan “máis descanso que outros, pero outro día tocaranos a nós””.

A rolda de prensa completa no vídeo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es