ROLDA DE PRENSA DE ÁLVARO GARCÍA DIEGUEZ, PRESIDENTE DEPORTIVISTA, ANTE A PRENSA :

 

Álvaro García Diéguez, Presidente do RC Deportivo, atendeu á prensa ás portas do Salón “Arao” do Palacio de Exposicións e Congresos Palexco, lugar no que  se celebrou a Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do RC Deportivo, da que tes toda a información en portada da nosa web, tanto no resultado da mesma, coma no discurso que deu o presidente trala xunta..

O dirixente deportivista respondeu as preguntas da dos medios de comunicación, e antre varios temas de inportancia valorou a saida de Concurso de Acreedores, que terá o seu fin no mes de Xuño, e ratificou o proxecto con Idiakez o fronte, valorando que houbo moitas cousas durante a tempada que fixeron que o equipo non esté mellor, valorou as renovacións de moitos xoves da canteira, nos rapaces e rapazas, (o último Martín Ochoa que xa foi operado con éxito no día de onte), como proxecto de futuro, alabou a afección e a sua respota tanto nos campos coma no número de abonados. Tamén o apoio de ABANCA, máximo accionista, que seguirá danto todo o apoio, confirmou que o equipoo será reforzado neste mercado invernal as portas de abrir…Así coma de outros temas variados de actualidade, que podes oir no vídeo.

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies