ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS : “TODOS SAIMOS AVERGOÑADOS CO NOSO RENDIMENTO”.

 

O capitán Álex Bergantiños deu a cara esta mañán e como soe facer nas malas e amosou a vergoña que sinte e que segundo él senten os seus compañeiros tralo vergoñento encontro de onte : “Todos saímos avergoñados. Todos os xogadores co noso rendemento, ningún ao nivel que temos que estar. Está a podernos un pouco a ansiedade de querer pechar este ano xa e estamos a perder a esencia que nos fixo saír da situación na que estivemos. Estamos a conceder ocasións, encaixando, concedendo contraataques co equipo moi aberto. O equipo estivo ben cando foi sólido e defendeu ben. O feito de querer chegar xa o explicou o míster co símil ciclista. Queres coller a meta xa e iso fíxonos perder os valores que nos sacaron da situación crítica. Hai que pararse, reflexionar de aquí ao venres e reencontrarnos. Ver que nos sacou desa situación, en que somos bos e dar a mellor versión colectiva”.

O da Sagrada Familia dixo que Fernando Vázquez cando baixou a vestiarios deulles ánimos e que pensen no encontro do vindeiro venres en Miranda del Ebro, ante o Mirandés, (21:00 horas/19:00 GMT) : “Sabíamos que tíñamos unha ocasión de pechar un ano duro, estábamos todos mal i él, (Fernando), tamén. Máis aló de mostrar a súa decepción ou vergoña, o primeiro que fixo no vestiario foi darnos ánimos e pedir que pensemos no venres. Véxoo con enerxía e estou convencido de que nola vai a transmitir de aquí ao partido. Volve ser un momento difícil, pero temos a vantaxe de depender de nós e temos que ser fortes mentalmente para non caer na desilusión ou a desconfianza”.

O coruñés cré que o “importante é o mental”, que teñn que levantarse, “poñernos a proba e limpar a mente despois de duas derrotas en 3 días”.

Todo o que dixo telo premendo no vídeo.

 

DAVID SIMÓN NA “ZONA MIXTA”

David Simón, autor do primeiro gol do partido, pasouse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O lateral canario pide trala derrota ante o Extremadura UD “estar máis unidos que nunca e mañá levantarse”.

Afirma que esta tarde en ABANCA-RIAZOR “empezamos ben, apertando; cun puntiño máis que o outro día ante o Málaga. Metemos o gol e logo o equipo ha ir baixando, non sei se por ansiedade. Non estivemos ben e por mor de aí chegan os goles. Cando levas moitos minutos sen estar ben no terreo de xogo pois o rival tamén xoga”.

Recoñece un “chisco de ansiedade. Ese medo por ter o obxectivo aí e non querer perdelo. Pode ser iso. Quedan 2 partidos máis, ser positivos, volvernos a levantar. Estamos aí. Hoxe quedámonos fodidos pero mañá hai que pensar no seguinte”. “Hai que levantarse con máis forza. Queda pouco. Hai que ser positivo e conseguir o obxectivo nestes 2 últimos partidos”, engade.

Non cre que houbese exceso de confianza, “senón todo o contrario. Saber que tes o obxectivo preto, que non o queres perder. E iso leva a non confiarche senón a non ir tan folgado a presionar… É difícil explicar o que pasou hoxe. Estamos fodidos e isto tennos que servir. Quedan 2 máis e temos que ir a matar a conseguir o obxectivo sexa como sexa”.

Viu aos seus compañeiros no vestiario “bastante amolados. Case non estiven. Quedeime na bancada con ese resquemor por todo o que estamos a facer durante a temporada, todo o camiño que fixemos para saír do descenso. Eu estiven dando ánimos á xente. Nós somos sufridores, temos que saír adiante. Levamos toda a temporada sufrindo e non ía ser menos. Pido que a partir de mañá seguir unidos como o estivemos facendo nesta segunda volta e despois da corentena; que a afección estivo connosco a matar e nós tamén respondemos ben. O único que pido é unión e seguir confiando. Ímolo a conseguir. Mañá levantámonos e imos a por iso”.

É máis, confesou que Fernando Vázquez se dirixiu aos seus futbolistas nestes mesmos termos: “Hoxe déronnos. Foi un golpe forte pero quedan 2 partidos máis. Que imos e ímolo a conseguir. Animarnos. Fixemos un bo traballo estes 11 partidos. Confianza intacta. Hoxe fodidos pero mañá xa a tope”.

Subliña David Simón que “hai que lembrar todo o que sufrimos, o que conseguimos. Non é fácil despois da primeira volta desastrosa que fixemos. Iso tennos que levar a sacar estes partidos. Ser positivos, crer en nós até o final e que crean en nós. Esta semana imos todos a un tempo que hai que conseguilo.

Finalmente sobre o seu gol, opina que “vén por traballo, por todo o que loitei. Contento pero cun sabor súper amargo. Oxalá fose para sumar a vitoria. Hai que ser positivos. Agora estou amolado pero ser positivo, quedan 2 partidos máis, estamos fóra do descenso e hai que levantarse. Levamos toda a temporada sufrindo e non ía ser menos. Pido que todo o mundo sexa positivo”.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto David Simón : RC Deportivo

Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.