Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa e fíxoo durante 21,39 minutos de conversación, baseada en grande medida nas sensacións que colleu o grupo co bo encontro ante o Alcorcón.
Tamén levou grande parte da rolda o derbi da vindeira semana ante o CD Lugo, rival que nunca se lle deu ben o equipo deportivista. Álex apuntou a que nin co Fabril cando xogaron contra eles lle foron de gañar. Para él : “oxalá houbese máis equipos galegos no futbol profesional para que houbese máis derbis coma este”.
Espera : “ser fortes para sair desta posición na que estábamos, seguir o que fixemos o outro día, no que estivemos con confianza no campo, manter eso. Se conseguimos mantelo e estabilizalo, comezaremos a crecer como equipo e virá esa vitoria que cambie un pouco esta dínámica na que estamos metidos”.
Ainda facéndoo ben o equipo non gañou e para Bergatiños, : “iso doe, pero o equipo primeira vez sentiuse un pouco de satisfaccion, porque por primeira vez o equipo sinteu esa sensación de que non somo sfráxiles…estábamos ben coordinados a hora de defender e de crear…foi dos poucos partidos nos que nos sentimos seguros…Ten que ser a base, dominar o encontro como fixemos na casa”.
A salvación está a tan só 5 puntos, a pesares da racha nefasta que leva o clube, pero para o da Sagradad Familia : “Esta liga é das máis igualadas do mundo, temos que ir sumando e con esa vitoria que nos de confianza, tódolos anos vemos equipos que enlazan varias xornadas gañando ou sen gañar”.
No vídeo a rolda de prensa completa
Máis abaixo, na portada da web, en “Vídeos Recomendados” tódolos que sube o RC Deportivo ao instante, tanto do primeiro equipo, coma do Feminino, Liga Genuine, propaganda, etc…
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo
-Texto : captura do vídeo
-Foto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.