Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa e considerou que “non estivemos de todo ben. Saimos mal o encontro e logo de verse con 2-0 e conseguir empatar cotra un rival direto e gañar o golaveraxe, non estamos de todo satisfeitos”.
Sobre a desastrosa actuación de Abdoulaye Ba o da Sagrada Familia dixo que : “Abdu é un xogador ca experiencia suficiente como para saber sobrepoñerse a iso. Hoxe en día hai non hai que estar pendente das críticas. Temos que ter nós autocrítica, saber o que fixemos ben ou mal, e el sábeo perfectamente. Como eu ou calquera. Somos un grupo ben compacto a nivel emocional. Os que levamos todo o ano sabemos polo que pasamos e a situación na que seguimos. Hai que saber convivir con iso. É inxusto entrar en valoracións individuais”.
Non ve comparación no equipo agora co da primeira volta : “Non creo que concedésemos o que concediamos antes. O equipo é máis sólido, hai un persoal máis compensado… está a faltarnos un pouco máis para gañar, pero nesta competición estraña hai que ir adaptándose. Temos opcións de gañar sempre. Na primeira volta houbo momentos no que estabamos no campo sabendo que á mínima iamos encaixar e que non iamos competir. Non ten nada que ver co de agora”.
Cre que andará nos 50 putnos o que se necesitará para salvarse : “Adoita falarse dos 50 puntos e coa igualdade que hai andará por aí. Pero na Coruña xa temos experiencia de ter o descenso máis caro, o ascenso máis caro… cada tempada é diferente. A igualdade fai que os equipos non somen moito máis desa cantidade, pero non se pode facer números. Non sabes as vitorias que vas necesitar, se estes empates poden ser bos… hai que estar preparados para gañar xa”.
Do próximo rival o Rayo Vallcano, (sábado 20/06 ás 17:00 horas-15:00GMT en Riazor), Álex ve a : “Un equipo complicado, dos que menos encontros perdeu. Empatou moitos o que fai que non estén loitando polo ascenso”.
Tes todo o que dixo premendo no vídeo.
PERU NOLASKOAIN EN “ZONA MIXTA”
Peru Nolaskoain atendeu aos medios en zona mixta telemática nada máis concluír o partido en Oviedo.
O defensor deportivista apunta que “é difícil explicar a primeira parte. Saímos ben ao partido pero a partir do minuto cinco, dez, pasáronnos por encima. Parecía que tiñan unha marcha máis. Inflúe tamén que tivesen dous días máis de descanso, que me parece unha vergoña. Non é escusa pero inflúe tamén. O gol de Sabin deunos moita vida. Na segunda parte fixemos as cousas ben”.
Conta que no descanso “falamos, arranxamos as cousas, cambiamos de sistema tamén. Creo que nos saiu ben”. “Persoalmente tamén me sentín ben coa defensa de catro. Tiñamos máis xente por dentro. Entrou tamén Ager que nos deu vida na mediapunta. Mellorou o equipo”, engadiu.
Opina que na segunda parte “todos estabamos metidos no partido e notouse. O equipo está ben. Temos xogadores moi bos, con moita clase, con moita técnica. Fixémoslles dano e faltounos un pouco de claridade para ir a por o partido”.
Autor do segundo tanto, o do empate, márchase de Oviedo “contento por axudar ao Club a amarrar ese empate nun campo dun rival directo. Unha pena que non servise para a vitoria pero serviu para puntuar e gañarlles o golaverage, que eu creo que é importante”.
-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR