Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa, antes do encontro do vindeiro sábado, ás 18:00 horas, (16:00 GMT), no ABANCA Balaidos, ante o Vigo B.
O Gran Capitán, falou da esixencia, recoñecida, que teñen e que lla inculcan os novos : “Temos o privilexio do que significa o Dépor, como se vive aquí. Sempre vai haber esixencia e transmitímosllo aos que chegaron. Se se gaña, porque non se gaña por máis. Se non se gaña, porque non se gaña. Máis nesta categoría. Somos favoritos e así será sempre. É normal e mesmo bo que haxa preocupación. Iso é que a xente está enchufada. A xente vive para o Deportivo, está pendente. Preocúpache e apaixónache, iso ten que facernos estar máis alerta que nunca”.
Sobre o rival, amósase decepcionado porque xa sexan 3 tempadas xogando este encontro, (que por certo, o ano pasado foi a mellor entrada no campo do sur de Galicia) : “Por desgraza é o terceiro ano que temos que xogar este partido. É un escenario que non gusta vivir, pero é a realidade que temos agora mesmo. Temos que saír canto antes e para iso hai que gañar este tipo de partidos. Todos esperamos que canto antes esteamos onde nos pertence, pero o fútbol é presente e o presente é xogar contra o Celta B, gañar en Balaídos e gañarse o dereito para estar na categoría que nos pertence”.
Sobre unhas manifestacións do director deportivo do Córdoba, Juanito, que volveu a falar do Depor, do que pagou pola fichaxes, e ata criticou a confección da plantilla, como “repetida”, por ter moitos xogadores do mesmo tipo, Álex, foi corecto, directo, e veráz : “Somos o equipo máis mediático da categoría con diferenza e é lóxico que traten de utilizarnos. Todo isto de confección de plantilla, orzamento, cambios na competición… utilízannos de forma interesada, para deixarnos de favoritos, de privilexiados… faste a vítima e pos ao Dépor diante. Haberá que defenderse cando algo non sexa xusto, pero hai que estar á marxe, sabendo que nos utilizan para ir de vítimas para que o foco estea aquí. Hai que convivir con iso”.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia