ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS : “O QUE MÁIS FELIZ ME FAI É A TRANQUILIDADE E A HUMILDADE QUE SE RESPIRA NO EQUIPO”.

 

Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa e amosouse : “Feliz por seguir sendo útil, seguir participando. Contento polo rol que me deu tanto a dirección deportiva como o adestrador. Polo tempo que levo aquí, polo que é o Dépor, pola xente que vén nova… o máis importante é sentirme útil, máis aló de xogar máis ou menos. Está a tocarme xogar, pero o que máis feliz faime é o proceso que se fixo. A tranquilidade e a humildade que se respira na plantilla, poder participar nese proceso de cambio a todos os niveis”.

Sobre o DUX ao que se enfrontan este domingo a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT9, nun campo pequeno, (98 x 55) e de herba artificial, dixo que : “Neste tipo de campos todo iguálase moito. Sabemos que é un pouco máis pequeno que o de Unionistas, ademais. Pero hai que tentar adaptarse, plasmar o teu día de xogo. Está o bote do balón, distánciaa, pero facemos semana normal. Estudamos ao rival e tentaremos explotar as debilidades que poida ter sen dar demasiada importancia ao terreo de xogo. Iso pode facer que che descentre ou sirva de escusa innecesaria”.

O mellor desta rolda de prensa é as partes nas que Álex foi preguntado en galego, e como acostuma a pasar, contestoiu en galego, algo que se mete moito de menos antre a grande maioría de socios que falamos galego.

Preme no vídeo para ver todo o que dixo.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies