ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS : “NON PODEMOS ESPERAR A QUE O ENCONTRO NOS SUPERE”

 

Paou por rolda de prensa Álex Bergantiños, nesta xeira de xogadores que están a sair e que falan con criterio sobre a situación e non tópicos que non aclaran nada e pensa que deben sair con confianza, como o fixeron na segunda metade en Santander : “Levamos demasiado tempo buscando o punto de inflexión e o noso gran debe está en que non podemos esperar a que o partido nos supere. Hai que entrar con confianza. Cústanos gañar e á mínima márcannos. Iso fai que o equipo estea máis dubitativo do normal”.

Analizou a xogada do gol santanderino e de porqué non se puxo o pé a Yoda : “Persoalmente deille moitas voltas. El fai unha moi boa acción, pero o que sinto é un pouco ese medo do equipo de non querer equivocarse. Se estivésemos mellor meteriamos o pé. Unha vez que está na área xa tes medo tamén a facer penalti. Agora en todas esas accións tes respecto por posibles rebotes que che golpeen na man ou contactos mínimos”.

Cré que o equipo trocou con respecto ao encontro ante o Málaga e que a pesares das adversidades non se viñeron abaixo coma outras veces que eran : “Un equipo desesperado, desorganizado. En Santander mantivemos a órde, só nos tiraron unha vez a porta e soubemos manter a unión entre liñas. Iso é dar un paso adiante”.

Falou sobre o acto de subir polos asentos ata a grada dos deportivistas e ir a regalarlle as camisetas : “Saíunos bastante natural. O equipo e os xogadores estamos a pasalo mal e eles tamén. Que a xente se pegue a malleira en bus ou nos seus coches e desprácense indo pechacancelas, que estean a empuxar en todo momento… Era un signo de agradecemento. Están a empuxar e respectando o noso traballo. Estamos a percibir que a pesar dos malos resultados animan e ven que o equipo se está esforzando por saír desta mala dinámica”.

 

-Texto e vídeo : RC Deportivo

-Foto : piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.