Alex Bergantiños pasou por rolda de prensa e do que primeiro falou foi de tal día coma hoxe de fai 20 anos, cando o Depor se proclamaba campión de liga. Un tempo no que él era cadete e lembra que : “Estábamos xogando co meu equipo o Breogán a final galega de fútbol sala e vir rápido para a Coruña cos meus pais a celebralo a “Catro Camiños”. Un título que se nos debía”.
O da Sagrada Familia falou do escenario que se está a vivindo que “vai evolucionando todo” e que se foron acostumando e sobre o nivl do equipo, “por agora non se pode saber o non ter adestrado ainda todos xuntos”. A nivel individual dixo sentirse ben, e que polas probas médicas vese que todos o fixeron ben.
Di que na competición : “Vai ser todo moi raro e o que mellor se adapte terá o que teña máis gañado e a medida que se vaia xogando irase igualando”.
No vídeo a rolda completa.
-Vídeo : RC Deportivo
-Foto captura do vídeo e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.