ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS : ·ESTAREI SEMPRE QUE ME SINTA ÚTIL”.

 

Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa e ademáis de falar do encontro do vindeiro Domingo , (12:00 horas/10:00 GMT), fixo balance da tempada : “O ano pasado, nós descendemos perdendo na casa contra o Estremadura, que xa estaba descendido. Ao final hai que competir todos os partidos con respecto. Temos que ir a Soria a tentar facer o noso mellor partido sabendo que eles teñen un obxectivo moi importante en mente e que tamén está implicado o Racing. Hai que tentar ser o máis xustos coa competición e dar nosa mellor versión para a igualdade da liga”.

“Uniría esta tempada coa anterior, co que fixemos en Segunda despois de estar unha volta enteira sen gañar, daquela todo o tema da pandemia co parón e os problemas que supuxo cos xogadores, a min como capitán, co club, coa AFE… E o final de tempada que tivemos todos con todo o tema Fuenlabrada e eu particularmente”…

Para logo falar de Rubén de la Barrera : “é unha persoa perfectamente preparada e xa o demostrou, coñece a categoría, conseguiu ascender e estar en Segunda, está preparado para encabezar o proxecto”.

Sobre a sua continuidade non ten ningunha dúbida : “Teño como mínimo un ano máis de xogador e atópome ben. Como dixen sempre, estarei mentres me senta útil. Do que gozamos os xogadores é de competir e de xogar partidos. Xoguei bastante esta tempada, o corpo dirá ata onde podo chegar, pero estou con ilusión para afrontar un novo ano”.

-Todo o que dixo, que foi moito máis, telo escoitando o vídeo.

 

“-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es