ROLDA DE PRENSA DE ALEKSANDAR JOVÁNOVIC : “ESTOU CONTENTO DE UNIRME A UN CLUB HISTÓRICO”.

 

Rolda de prensa de presentación de Aleksandar Jovanovic, que chega a un cluyb no que o vir do Huesca tivo referenzas do que se ía a atopar de Insua, Mosquera, Juan Carlos e Luisinho, así coma do seu compatriota Jovánovic, co que comparte apelido, e xa lle falaron de que ía a “atopar un club grande”. Tamén fixo referencia ao seu coñecemento do Depor dos anos dourados, ao que coñece ben de velo pola televisión no seu país : “Estou contento por unirme a un club histórico. Sabía como estaba este ano, pero tamén escoitei falar do pasado e vía partidos. Houbo grandes xogadores aquí coma Molina, Tristán, Munitis, Valerón… e ata Djukic, por suposto”.

O meta internacional serbio, que xa falou como parte integrada do clube, promete traballo e entrega para “poñerllo difícil ao mister” e ser unha competencia para Dani : “Cando Dani xogue, apoiareino ao cento por cento. Farei o meu traballo, competirei polo posto e tratarei de adestrar ao máximo para presionar de forma positiva a Dani”.

Non quixo falar moito da frustrada volta de Pablo Insua, e dixo que “estivo a piques de vir, pero non quero falar máis deste tema, xa que esta é a miña situación e non a dél”. Tamén dixo que creía que podería xogar ante o Huesca se se dese a casualidade.

O serbio a pesares de falar en iglés, comezou a rolda de prensa en español agradecendo o clube que o fichase e dando as gracias a todos, pero despois prefiriu falar en inglés para esta rolda de prensa oficial, ainda que dixo entender ben o español e falalo bastante.

Destacar e agradecer a magnífica labor da tradutora, que o fixo do inglés o galego…Bravo!!!,,,

Tes a rolda de prensa ao completo no vídeo.

 

Fichado ata final desta tempada, procedente do Huesca.

 

Foto e Texto : piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

 

Nos noso “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.