Algunhas das suas frases na recollida do premio “Xogador Estrella”, do mes de Setembro.
“Moi feliz de ser elixido mellor xogador porque quere dicir que as cousas no individual están a saír ben. Estou a atoparme a gusto e teño que seguir así para axudar ao equipo”.
“Estamos desexando ver o estadio cheo vai axudar a lograr a vitoria“.
“O equipo está moi ben e con moita confianza. Fixemos partidos moi bos e faltounos acerto cara gol que nos está penalizando. A min pasoume. Nos dous últimos partidos tiven ocasións claras e non marquei. En Irún estivemos ben a nivel colectivo aínda que no individual estiven algo máis espeso”.
“Hoxe veremos algo máis do rival e aínda que os números están aí xa vemos que todos os equipos que veñen a Riazor ou xogan ante o Dépor van a por todas”.
“A Noel véxoo moi ben. É un máis da plantilla e falo con él como con calquera outro compañeiro. É xogador do primeiro equipo e véxoo moi ben tanto no campo como fóra del”.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo