ROLDA DE PRENSA DE ALBERTO QUILES : “NA CASA TEMOS QUE SAIR A GAÑAR COMA SEMPRE, NON SE PRECISA MOTIVAMICIÓN”.

 

Alberto Quiles admitiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a visita do Córdoba CF a ABANCA-RIAZOR este sábado 3 de decembro ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) é “un partido dos que gustan xogar. Agora mesmo son o líder, ten moi bo equipo, son bos xogadores, pero veñen a ABANCA-RIAZOR, nós tamén temos moi bo equipo, vimos nunha dinámica moi boa e aquí en casa temos que saír a gañar como sempre. É deses partidos que non fai falta motivación porque xa só pola clasificación, polos dous equipos que son, que teñen historia, motívasche só”.

Máximo goleador do Dépor despois do ‘hat trick’ logrado a pasada fin de semana en Fuenlabrada, o dianteiro deportivista afirma que a súa intención “sempre que xogo é tentar facer goles, supoño que os demais compañeiros tamén pensarán o mesmo. Mario leva 4 goles, Svensson leva 1 pero seguro que fará máis, Kuki fará goles… Agora mesmo estou a ter a sorte de facelos eu, que é o que a min me gusta e para o que estou aquí; pero a min non me importa o que agora mesmo estea a meter goles porque iso é bo para min. A parte estou seguro que os compañeiros tamén farán porque son moi bos”.

En plena vea goleadora, cre que se debe “á xeira que se fala sempre dos dianteiros. Hai veces que o balón non entra e téntalo, téntalo e non hai maneira. E agora cambia a xeira e entra todo”.

Precisamente o feito de marcar “dáche esa confianza e esa felicidade para traballar o día a día con máis felicidade se cabe. Estou moi feliz porque é o que gústame facer. Díxeno cando non metía goles, tamén agora que estou a ter a sorte de metelos, o que máis me importaba era o sentirme cómodo xogando, pensar rápido, sentirme ben con balón e iso estouno conseguindo. Se fago iso, vou meter goles, entón estou máis contento por iso que polos goles en si”.

Asegura que non produce no vestiario ningún tipo de ansiedade o ir por detrás 7 puntos na clasificación respecto ao Córdoba CF: “Ansiedade ningunha. A todos os equipos que lle preguntan din ‘a presión tena o Dépor’. Xa estamos afeitos escoitar iso e hai que ter tranquilidade, saír desde o principio a por iso e ansiedade ningunha. Estes partidos son os que molan xogar. A gozalo”.

Vaticina Quiles o sábado “un partido bonito. Seguro que ABANCA-RIAZOR vai estar case cheo. Afección deles tamén virá. Non creo que se vexa un partido feo, nin quente nin nada. Será un partido bonito e centrados no noso, que é o que nos importa”.

Nesta liña, confesa ter “moitas ganas xa de que sexa o sábado porque tamén é un Club, o Córdoba CF, con moita historia, vai primeiro, é unha boa oportunidade para recortarlle puntos… Enfrontámonos dous bos equipos, con moitas ganas tamén de ver o ambiente de ABANCA-RIAZOR. Son partidos que gusta xogar a todo o mundo e desexando que chegue xa o sábado”.

Ex xogador cordobesista en dúas temporadas e media, garda “un moi bo recordo de alí. Estiven varios anos, a miña parella é de alí. Córdoba téñoa sempre moi presente”.

Finalmente, Quiles atopa certas similitudes na situación de ambos os equipos respecto da temporada pasada entre o Deportivo e o Real Racing Club, aínda que recalca que “o xogo que fai o Córdoba non é o mesmo que facía o Racing. Xogan diferente. O Racing igual era un pouco máis defensivo que o Córdoba, pero si pode ser un pouco parecido porque son equipos históricos, teñen afección, viven o fútbol como se vive aquí”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies