Alberto Quiles pasou por rolda de prensa antes do adestramento en Abegondo, onde recibeu o premio o mellor do pasado mes de Novembro, e contestou a pregunta sobre a sua renovación : “De momento non hai nada sobre a renovación nin creo que haxa nada en Nadal polo que falamos. Falouse no seu día, parouse e dixemos que se falará, pero non creo que sexa agora en Nadal. Ao final non se chegou a un acordo. O club defende ao club, eu defendo o meu, pero non significa que haxa ningún enfado nin nada”. O andalúz renovaría automaticamente por un ano máis se ascendemos a Segunda.
Tamén falou sobre a posibilidade de que chegue Lucas Pérez : “Non falamos nada no vestiario. Oxalá veña. Un xogador que está a meter goles en Primeira, aquí viríanos de luxo. Oxalá se poida facer e, se pode vir agora, mellor; se non, o ano que vén. Cando poida, pero que veña…Non coñezo persoalmente a Lucas, pero, se quere vir é porque o Dépor é o seu club e quere axudar a ascender”.
Xogador Estrella do mes de Novembro
O dianteiro onubense do RC Deportivo, Alberto Quiles, recibiu, por segundo mes consecutivo, o premio que o acredita como Xogador Estrella Galicia, neste caso do mes de novembro.
Se en outubro logrou o 60,9% dos votos, neste mes levou o 87% dos 2.187 emitidos, polo 7,5% de Mario Soriano e o 4,8% de Rubén Díez. Xa a pasada temporada logrou o dobrete en setembro e abril, ademais do definitivo do ano.
O propio Alberto Quiles recoñeceu perder a conta dos galardóns Estrella Galicia que recibiu ao lembrar que tamén levou o do partido do Trofeo Teresa Herrera 2021 e 2022. No caso de hoxe, recibiuno polas súas actuacións nos encontros ante Algeciras, Guijuelo, Cultural e Fuenlabrada, este último asinado cun hat-trick pola súa banda.
Quiles, cos dous últimos, e Diego Villares, co do primeiro mes, protagonizan, polo momento, o cadro de honra do premio ao Xogador Estrella Galicia no Dépor 2022-2023.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia